STS-62 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 4 de marzo de 1994 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-62, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para facer experimentos no laboratorio USMP-2. A tripulación estaba formada polo comandante John H. Casper, o piloto Andrew M. Allen e os especialistas de misión Pierre J. Thuot, Charles D. Gemar e Marsha S. Ivins. A bordo tamén ía o módulo de experimentos OAST-2. Entre os experimentos estaban SAMPIE, TES, EISG, SKIRT, ECT e CRYOPT. Nesta misión o transbordador un novo enlace en banda Ku, permitíndolle transmitir a velocidades de ata 162 Mbps.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 18 de marzo de 1994.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Columbia
Categoría:Programa STS