STS-67 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 2 de marzo de 1995 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-67, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer observacións astronómicas no ultravioleta mediante o observatorio Spacelab/Astro-2, na bodega de carga do transbordador. A tripulación estaba formada polo comandante Stephen S. Oswald, o piloto William G. Gregory, a comandante de carga Tamara E. Jernigan, os especialistas de misión John M. Grunsfeld e Wendy B. Lawrence e os especialistas de carga Ronald A. Parise e Samuel T. Durrance.
Astro-2 foi a segunda misión dun módulo Spacelab adicado á astronomía. Estaba formado por tres instrumentos para a observación no ultravioleta: HUT, UIT e WUPPE. Durante a misión fixéronse observacións de obxectos do sistema solar, galácticos e extragalácticos. A bordo do transbordador había outros experimentos secundarios, entre eles PCG-TES-03, PCG-STES-02, SAREX-II, MACE, CMIX-03 e MSX.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 18 de marzo de 1995.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour
Categoría:Programa STS