O Día dos Medios en Galego é unha conmemoración anual que ten lugar desde 2018 para celebrar a presenza da lingua galega nos medios de comunicación. O acto, impulsado pola Asociación de Medios en Galego, celébrase o 7 de febreiro por coincidir co aniversario da publicación periódica de O Tío Marcos da Portela.

O Parlamento de Galicia, mediante un comunicado subscrito por todos os grupos políticos da cámara, apoiou a iniciativa. Miguel Santalices, presidente da cámara, foi o encargado de ler a declaración conxuntaApoio unánime do Parlamento aos medios en galego , nova en Sermos Galiza o 7 de febreiro de 2018.:

O acto central do Día celebrouse nas seguintes localidades: 2018: Barallobre, Fene 2019: Pontevedra 2020: Carballo 2021: Padrón (Casa da Matanza) 2022: Santiago de Compostela.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da entidade promotora.

Categoría:Medios de comunicación en lingua galega Categoría:Efemérides Categoría:Días de concienciación Categoría:Febreiro