A canle Nieuwe Delft (en galego: "canle nova de Delft") é unha das numerosas canles que sucan a cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos."Water in Delft ". En Wikidelft.nl (en neerlandés)
Esta canle, que corre paralela á máis vella da cidade, a Oude Delft, tamén é coñecida polos nomes das rúas que van paralelas a ela (sucesivamente, de norte a sur: Voorstraat, Hippolytusbuurt, Koornmarkt e Korte/Lange Geer."Gracht de Niewe Delft ". En Traveltalia.com (en neerlandés)
Historia Logo da construción, arredor do ano 1100, da primeira canle da que máis tarde sería a cidade de delft, cara a finais do século XII escavouse unha segunda gabia paralela a aquela, momento en que se empezaron a utilizar, para as diferenciar, os nomes de Oude Delft ("canle vella") e Nieuwe Delft. Tanto no seu límite norte coma no sur, ambas as canles estaban unidas por un estanque.
Os terreos intermedios entrambas as canles, que foron reforzados e elevados coa arxila retirada durante a escavación desta segunda (Neuwe Delft), constituíron a base da futura cidade de Delft. Nesa zona comezaron a establecerse os comerciantes máis prósperos e levantáronse grandes mansións, algunhas delas aínda hoxe conservadas e dotadas da consideración de monumento nacional (Rijksmonument).
Edificios principais Museo Paul Tétar van Elven, instalado nunha mansión residencial do século XVI. miniatura|Edificio da Sinagoga de Delft, en Koornmarkt, ao pé da canle Nieuwe Delft Sinagoga de Delft, edificio neoclásico da segunda metade do século XIX.
Pontes De norte a sur: Ponte San Stevensbrug. Ponte peonil Visbrug. Ponte Poelbrug. Ponte Hof van Delftbrug. Warmoesbrug (une a canle Voldersgracht coa parte superior da praza Cameretten). Ponte peonil Waagsteeg. Ponte Towbrug. Ponte peonil Leeuwebrug. Ponte Sint Jacobsbrug.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen.Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. [ISBN 908065415] Outros artigos Delft
Categoría:Arquitectura en Delft Nieuwe