STS-80 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 19 de novembro de 1996 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-80, con cinco astronautas (Kenneth D. Cockrell, Kent Rominger, Tamara E. Jernigan, Thomas D. Jones e Story Musgrave) a bordo, foi lanzada para despregar o observatorio astronómico ORFEUS-SPAS-II e o escudo WSF-3 para crear un ultrabaleiro no espazo. A tripulación fixo tamén outros experimentos a bordo do Columbia e canceláronse dous paseos espaciais por problemas coa esclusa de saída.
ORFEUS foi liberado no primeiro día do transbordador en órbita e pasou cerca de dúas semanas en voo independente antes de ser recuperado. Levaba tres instrumentos a bordo para estudar o ceo no ultravioleta. WSF-3 foi despregado no cuarto día de voo. Cos seus 4 m de diámetro, funcionou case sen problemas, creando un ultrabaleiro no que se crearon sete películas semicondutoras. Foi recuperado aos tres días de voo.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 7 de decembro de 1996.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Columbia
Categoría:Programa STS