O aeroporto internacional de Nanchang-Changbei é un aeroporto que serve a Nanchang, a capital da provincia chinesa de Jiangxi. Está situado a 28 quilómetros ao norte da cidade. A súa construción comezou en outubro de 1996 e comezou a operar o 10 de setembro de 1999. Substituíu o aeroporto de Nanchang-Xiangtang, que era tanto de uso civil como militar. Ten unha única pista de 3 400 metros de lonxitude e unha terminal con seis portas de embarque. En 2010 comezaron unhas obras de ampliación coa construción dunha nova terminal, inaugurada o 22 de maio de 2011, e unha segunda pista de aterraxe.

Nanchang-Changbei opera principalmente voos cara aeroportos chineses do continente e Hong Kong. Porén, en febreiro de 2004 comezou a operar voos internacionais, principalmente cara Corea do Sur.

Aeroliñas e destinos

Notas

Nanchang