STS-94 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 1 de xullo de 1997 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-94, con sete astronautas (James D. Halsell, Susan Kilrain, Janice E. Voss, Donald A. Thomas, Michael L. Gernhardt, Roger Crouch e Gregory T. Linteris) a bordo, foi unha repetición da misión STS-83 e a primeira misión en ser revoada con exactamente o mesmo vehículo, tripulación e obxectivos. A STS-83 veu acurtada a súa estancia en órbita por fallo dunha das células de combustible que proporcionaban enerxía ao transbordador. Na STS-94 se conseguiron tódolos obxectivos, facéndose experimentos en microgravedade co laboratorio MSL-1, albergado dentro dun módulo Spacelab europeo na bodega de carga do transbordador.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 17 de xullo de 1997.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Columbia
Categoría:Programa STS