Sumbandila, tamén coñecido como SumbandilaSat, foi un satélite surafricano construído por SunSpace para a Universidade de Stellenbosch e lanzado como carga secundaria nun Soiuz-2-1B desde o cosmódromo de Baikonur o 17 de setembro de 2009.

Características Sumbandila era un satélite experimental para o estudo da superficie terrestre. Levaba a bordo unha cámara multiespectral cunha resolución de 6,25 m para proporcionar datos relacionados con control da agricultura, cartografía de infraestruturas, resposta a desastres, medición de poboacións e xestión da auga. O satélite reentrou na atmosfera o 10 de decembro de 2021 tras completar a súa misión.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz-2-1B Sunsat

Categoría:Satélites artificiais