A lingua urum é unha lingua da familia turca falada polo pobo urum de orixe grega que habita en Xeorxia e o sueste de Ucraína. Co paso dunhas poucas xeracións, os nenos urum están a aprender outras linguas máis comúns da rexión caucásica, deixando un número moi limitado de novos falantes. A miúdo é considerada unha variedade da lingua tártara de Crimea. O urum está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

O termo urum deriva do termo árabe روم (rūm), que quere dicir romano e subsecuentemente bizantino e grego. En turco otomán baixo o Imperio Otomán, rum refírese ós cristiáns ortodoxos que viven no Imperio; en turco moderno, rum refírese ós gregos que viven en Turquía. A poboación turcófona de Xeorxia a miúdo é confundida coa comunidade distintiva de Ucraína.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lingua tártara de Crimea

Categoría:Linguas turcas Categoría:Linguas de Ucraína Categoría:Linguas aglutinantes