Kristofer Michael Dunn, nado o 18 de marzo de 1994 en New London, Connecticut, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Utah Jazz da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria O 23 de xuño de 2016, Dunn foi seleccionado na 5ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Minnesota Timberwolves.Timberwolves select guard Kris Dunn with the fifth overall pick in the 2016 NBA Draft O 7 de xullo de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Timberwolves.Timberwolves sign Kris Dunn
O 22 de xuño de 2017, Dunn foi traspasado xunto a Zach LaVine e os dereitos de Lauri Markkanen ós Chicago Bulls, a cambio de Jimmy Butler e os dereitos de Justin Patton.
O 28 de novembro de 2020, Dunn asinou cos Atlanta Hawks.
O 7 de agosto de 2021, Dunn foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Sacramento Kings. Foi traspasado de novo o 15 de setembro de 2021 ós Memphis Grizzlies, pero foi cortado polos Grizzlies pouco antes de comezar a tempada.
O 14 de marzo de 2022, Dunn asinou un contrato de dez días cos Portland Trail Blazers. O 24 de marzo de 2022, asinou un segundo contrato de dez días cos Blazers. O 3 de abril de 2022, asinou cos Blazers ata final de tempada.
O 22 de febreiro de 2023, Dunn asinou un contrato de dez días cos Utah Jazz. O 4 de marzo de 2023, asinou un segundo contrato de dez días cos Jazz. O 14 de marzo de 2023, asinou un contrato de varios anos cos Jazz.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados no condado de New London, Connecticut Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Utah Jazz