Uxío Torre Enciso, nado na Coruña o 12 de novembro de 1908 e finado en Ferrol o 17 de abril de 1994, foi un químico, farmacéutico e xeólogo galego, membro numerario da Real Academia Galega.
Traxectoria miniatura|Instituto Eusebio da Guarda, onde traballou Uxío Torre. Fixo o bacharelato na súa cidade natal e estudou química e farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose nas dúas en 1930. Foi discípulo de César Sobrado Maestro, Luís Iglesias Iglesias e Isidro Parga Pondal. Exerceu como profesor axudante na Facultade de Farmacia (1932-1933). En Madrid doutorouse en xeoloxía. Traballou como profesor en institutos de Monforte de Lemos, Tui e o feminino da Coruña. En 1934 solicitou unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas para ir a París e Anveres, Bélxica, a estudar Metodoloxía das Ciencias Naturais.
Na guerra civil española foi sancionado polas comisións depuradoras do profesorado, coa inhabilitación para cargos directivos e de confianza, o que o obrigou a abandonar a dirección que acadara do centro de Monforte. Pasou por un instituto de Palma de Mallorca. En 1941 gañou unha cátedra que exerceu no Instituto Eusebio da Guarda ata a xubilación.
Ingresou na Real Academia Galega o 24 de outubro de 1970 a proposta de Parga Pondal, Antón Fraguas e Luís Iglesias Iglesias, pronunciando o discurso Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia, respondido por Parga Pondal. Foi membro da Real Sociedad Española de Historia Natural, da Real Sociedad Geográfica, membro fundador do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses e membro fundador da Real Academia Galega de Ciencias en 1977.
Descubriu o papel da erosión fluvial e os restos fósiles da era cuaternaria en Galicia e achegou interesantes estudos sobre as rías de Galicia.
Obra Enfermedades de las plantas producidas por virus. A Coruña: [s.n.], 1950. "Sobre una relación entre los tipos de disyunción de los granitos gallegos y su historia geológico-tectónica", Notas y Comunicaciones del Instituto Geológico y Minero de España, n. 31, 1953, pp. 33–34. "Contribución al conocimiento morfológico y tectónico de la Ría de La Coruña". Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, t. 52, 1954, pp. 21–51. "Estado actual del conocimiento de las rías gallegas", en Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacimento. Galaxia, 1958, pp. 237–250. "Hacia una explotación racional de nuestra rigueza minera. El cálculo de las reservas minerales", Revista de Economía de Galicia, ano II, n.º 7-8, xaneiro-abril 1959, pp. 18–20. Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia / discurso lido por Uxío Torre Enciso e resposta do Dr. Isidro Parga Pondal. Real Academia Galega, 1970, reeditado en 2017
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Cipriano Torre Enciso Ligazóns externas Artigos de Torre Enciso no Boletín de la Real Academia Gallega
Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Xeólogos de España
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes