Marion Benson Owens, nada en San Francisco o 18 de novembroBeauchamp. 1997 de 1888 e finada nos Ánxeles o 12 de maio de 1973, foi unha xornalista, escritora e guionista estadounidense, coñecida como Frances Marion, decotío citada como unha das mulleres guionistas máis destacadas do século XX, xunto con June Mathis e Anita Loos. Foi a primeira guionista en recibir dous premios Oscar.

Traxectoria Marion naceu en San Francisco (California), filla de Len Owens e Minnie Benson.1900 United States Federal Census Tiña unha irmá máis vella, Maude, e un irmán máis novo, Len. Os seus pais divorciáronse cando ela tiña dez anos e marchou vivir coa súa nai. Abandonou a escola aos doce anos tras ser pillada debuxando unha banda deseñada da súa mestra. Pasou logo a unha escola en San Mateo e despois a unha escola de arte de San Francisco cando tiña dezaseis anos. Esta escola foi destruída no terremoto de San Francisco de 1906.

Mentres estaba en San Francisco traballou como axudante de fotografía de Arnold Genthe e experimentou co deseño fotográfico e os filmes en cor. Máis tarde traballou como artista comercial para Western Pacific Railroads e como reporteira do San Francisco Examiner. Despois de mudarse aos Ánxeles foi artista de carteis no Morosco Theater, ademais de deseñar anuncios nunha empresa de publicidade.

No verán de 1914 foi contratada como guionista axudante, actriz e axudante xeral por "Lois Weber Productions", produtora propiedade da pioneira directora cinematográfica Lois Weber. Puido converterse en actriz, mais prefería o traballo detrás das cámaras. Aprendeu a escribir guións de Weber, e de feito escribiu un para ela, mais despois queimouno.

Marion traballou como xornalista e foi correspondente durante a primeira guerra mundial. Documentou a contribución das mulleres ao esforzo bélico na fronte e foi a primeira muller en cruzar o Rin tralo armisticio.

Escribiu co nome de Frances Marion moitos guións para a actriz Mary Pickford, incluíndo os de Rebecca of Sunnybrook Farm e The Poor Little Rich Girl. Tamén escribiu guións para outros filmes de éxito das décadas de 1920 e 1930. Durante eses anos gañaba un salario de 50 000 dólares ao anos, cantidade inaudita nese tempo. Foi a primeira muller en gañar un Oscar ao mellor guión adaptado, que conseguiu en 1930 polo filme The Big House e dous anos despois gañou o Oscar ao mellor argumento por The Champ. En total participou en máis de 300 guións e máis de 130 filmes. Tamén dirixiu e actuou de xeito ocasional nalgúns dos primeiros filmes de Mary Pickford.

Durante moitos anos estivo baixo contrato con MGM Studios, mais a pesar da súa boa posición, abandonou Hollywood en 1946 para dedicar máis tempo a escribir teatro e novelas.

Faleceu en 1973 a consecuencia da rotura dun aneurisma.

Vida privada Marion casou en catro ocasións, as dúas primeiras, con Wesley de Lappe e Robert Pike, antes de cambiar o seu nome. En 1919 casou co actor Fred Thomson, que protagonizou con Mary Pickford The Love Light en 1921. Era amiga tan íntima de Pickford, que foron xuntas de lúa de mel cando Pickford casou con Douglas Fairbanks e Marion con Thomson. Tralo inesperado pasamento de Thomson en 1928, casou co director George W. Hill en 1930, aínda que o matrimonio finalizou en divorcio en 1933. Tivo dous fillos, Fred C. e Richard (adoptado). Fred chegou a ser editor das obras de George Eliot.

Filmografía seleccionada AnoTítuloIntérpretesNotas1912The New York Hat Mary Pickford, Lionel Barrymore, Lillian GishContribuidora do guión1915CamilleClara Kimball Young, Paul Capellani, Robert CummingsArgumento A Girl of YesterdayMary Pickford, Frances Marion, Glenn L. MartinActriz1916 The Gilded Cage Alice Brady, Montagu Love, Alec B. Francis Argumento, escritora1917 A Little PrincessKatherine Griffith, Mary Pickford, Norman Kerry, ZaSu Pitts, Theodore RobertsEscritoraRebecca of Sunnybrook FarmMary Pickford, Eugene O'BrienEscritora The Poor Little Rich GirlMary Pickford, Madlaine Traverse, Charles Wellesley, Gladys FairbanksEscritora1918Stella MarisMary PickfordPhotoplay How Could You, Jean?Mary PickfordArgumentoM'LissMary PickfordEscritoraAmarilly of Clothes-Line AlleyMary Pickford, William Scott, Kate PriceEscritora1919 The Cinema MurderMarion Davies, Eulalie Jensen, Anders Randolf, Reginald BarlowArgumentoAnne of Green GablesMary Miles MinterEscritora1920 PollyannaMary PickfordAdaptaciónThe FlapperOlive Thomas, Warren CookGuión, historiaThe Restless SexMarion Davies, Ralph KellardEscritora1921The Love LightMary Pickford, Evelyn DumoDirectora, historia (sen acreditar)1922 The Toll of the SeaAnna May Wong, Kenneth Harlan, Beatrice BentleyArgumento (sen acreditar), historia1923The Famous Mrs. FairMyrtle Stedman, Huntley GordonAdaptación, guión1924SecretsNorma TalmadgeAdaptaciónCythereaAlma Rubens, Constance Bennett, Norman Kerry, Lewis Stone, Irene RichAdaptaciónThe Dramatic Life of Abraham LincolnGeorge A. Billing, Ruth Clifford, George K. Arthur, Louise FazendaHistoria, guión1925Stella DallasRonald Colman, Belle Bennett, Lois MoranAdaptaciónA Thief in ParadiseDoris Kenyon, Ronald Colman, Aileen PringleAdaptaciónThank YouAlec B. Francis, Jacqueline LoganEscritoraLightnin'Jay Hunt, Wallace MacDonaldEscritora1926The Scarlet LetterLillian Gish, Lars HansonAdaptación, argumento, títulosThe Winning of Barbara WorthRonald Colman, Vilma BánkyAdaptaciónSon of the SheikRudolph Valentino, Vilma Bánky, Montagu Love, Karl Dane, George FawcettAdaptación1927The Red MillMarion DaviesAdaptación, guiónLoveJohn Gilbert, Greta GarboContinudadeMadame PompadourDorothy GishEscritora1928The WindLillian Gish, Lars Hanson, Montagu Love, Dorothy CummingArgumentoThe AwakeningVilma Bánky, Walter ByronHistoria Bringing Up Father J. Farrell MacDonald, Polly Moran, Marie DresslerEscritora1929Their Own DesireNorma Shearer, Belle Bennett, Lewis Stone, Robert Montgomery, Helene MillardGuión1930Min and BillMarie Dressler, Wallace BeeryDiálogos, argumentoThe Big HouseRobert Montgomery, Wallace Beery, Chester Morris, Lewis StoneDiálogos, historiaOscar ao mellor guión adaptadoGood NewsMary Lawlor, Stanley SmithArgumentoThe Rogue SongLawrence Tibbett, Catherine Dale Owen EscritoraAnna ChristieGreta Garbo, Charles Bickford, George F. Marion, Marie DresslerEscritora1931Anna ChristieGreta Garbo, Theo Shall, Hans JunkermannAdaptación The Secret SixWallace Beery, Lewis Stone, John Mack Brown, Jean Harlow, Clark Gable, Ralph Bellamy, Marjorie RambeauDiálogos, guiónThe ChampWallace Beery, Jackie Cooper, Irene Rich, Roscoe AtesHistoriaOscar ao mellor argumento1932Blondie of the FolliesMarion Davies, Robert Montgomery, Billie DoveGuión, historiaEmmaMarie Dressler, Richard Cromwell, Jean Hersholt, Myrna LoyHistoria1933Peg o' My HeartMarion Davies, Onslow Stevens, J. Farrell MacDonaldAdaptaciónCea ás oitoMarie Dressler, John Barrymore, Wallace Beery, Jean Harlow, Lionel Barrymore, Billie BurkeGuiónThe Prizefighter and the LadyMyrna Loy, Max Baer, Walter Huston, Primo Carnera, Jack DempseyHistoriaCandidata ao oscar ao mellor argumentoGoing HollywoodMarion Davies, Bing Crosby, Fifi D'Orsay, Stuart ErwinHistoria (sen acreditar)SecretsMary Pickford, Leslie HowardEscritora1936CamilleGreta Garbo, Robert Taylor, Lionel BarrymoreGuiónRiffraffJean Harlow, Spencer TracyGuión, historiaPoor Little Rich GirlShirley Temple, Alice Faye, Jack Haley, Gloria Stuart, Michael Whalen, Claude GillingwaterEscritora1937Knight Without ArmourMarlene Dietrich, Robert DonatAdaptaciónLove from a StrangerAnn Harding, Basil RathboneAdaptación1940Green HellDouglas Fairbanks, Jr. Vincent Price, Joan Bennett, Alan Hale, Sr., George Sanders, John HowardHistoria orixinal, guión

Bibliografía Minnie Flynn. Nova York: Boni and Liveright, 1925 The Secret Six. NY: Grosset & Dunlap, 1931 [novela a partir de su propio guion] Valley People. Nova York: Reynal & Hitchcock, 1935 How to Write and Sell Film Stories. NYNova YorkCovici-Friede, 1937 Molly, Bless Her. Nova York: Harper & Brothers, 1937 Westward The Dream. Garden City Nova York: Doubleday and Company, 1948 The Passions of Linda Lane. Nova York: Diversey Publications, 1949 The Powder Keg. Boston: Little, Brown & Co., 1953 Off With Their Heads!: A Serio-Comic Tale of Hollywood. Nova York: The Macmillan Company, 1972 [memorias]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Beauchamp, C. Marion, Frances. American National Biography Online, febreiro de 2000.

Ligazóns externas Without Lying Down: Frances Marion and the Power of Women in Hollywood Frances Marion en Women Film Pioneers Project

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en San Francisco Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Novelistas dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Correspondentes de guerra