Castro de Punta Mourón ou Castro de Punta Caamouco é un poboado da idade de ferro fortificado situado nunha península en Ares.
Descrición O castro está situado nunha península, rodeado de cantís duns 20 metros de altura na ría de Ares. Ten forma circular duns 60 metros de diámetro. As defensas teñen máis altura nos accesos á península, uns 10 metros. Ten foxo duns 5 metros de diámetro. A zona é unha plantación de eucaliptos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro
Punta Mourón