Ranbir Raj Kapoor (en hindi, devanágari: राज कपूर; en urdú: راج کپور, Rāj Kapūr), nado en Peshawar (actualmente en Paquistán) o 14 de decembro de 1924 e finado en Nova Delhi o 2 de xuño de 1988, tamén coñecido como "o maior showman do cinema hindi", foi un destacado actor, produtor e director do cinema da India. Fillo do actor Prithviraj Kapoor foi un importante membro da familia Kapoor que deu varias grandes estrelas de Bollywood.

Kapoor está considerado un dos máis grandes e influentes actores e cineastas da historia do cinema.[ Allmusic biography] Gañou varios premios incluíndo tres National Film Awards e once Filmfare Awards na India. O premio Filmfare honorífico recibe o seu nome. A súa interpretación en Awaara foi recoñecida como unha das dez mellores de todos os tempos pola revista Time. Os seus filmes atraeron público de todo o mundo, especialmente en Asia e Europa. Foi chamado tamén "o Clark Gable da industria cinematográfica india".

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Paquistán Categoría:Actores de cinema da India Categoría:Directores de cinema da India Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Produtores de cinema