Rafael Salgado Torres, nado na Coruña o 23 de outubro de 1914 e finado na mesma cidade o 20 de setembro de 1987,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 21-9-1987, p. 43. foi un político galego.

Traxectoria Profesor mercantil. Foi un dos primeiros militantes de Falange da Coruña. Foi detido en abril de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe local de Milicias da Coruña. Incorporouse ao exército franquista como alférez provisional. Mutilado de guerra. Foi Delegado Provincial de Información e Investigación de FET y de las JONS da Coruña (1943) e concelleiro da Coruña. Foi nomeado delegado gobernativo do concello de Bergondo en marzo de 1948, permanecendo como alcalde até o 4 de xaneiro de 1956. Foi Conselleiro Nacional do Movimiento e procurador en Cortes (1958-1971). Foi presidente do Instituto Nacional de Previsión da Coruña. Tamén foi presidente do Deportivo da Coruña (1952-53) e do Aéreo club.

Vida persoal Casou con María do Carmen Abelenda Regueiro, neta do rexistrador de Carballo Luciano Regueiro Pumpido.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Alcaldes do Concello de Bergondo (A Coruña) 1836-2013

Categoría:Falanxistas Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Alcaldes de Bergondo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Presidentes do Deportivo da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes