A lingua hopi é unha lingua uto-azteca falada polo pobo hopi do nordeste de Arizona. O uso do hopi esmoreceu gradualmente ó longo do século XX. En 1990, estimouse que máis do 5 000 hopi falaban a lingua como primeira lingua (arredor do 75% da poboación), dos cales só 40 eran monolingües en hopi. Unha enquisa lingüística de 1998 en 200 hopi amosou que o 100% dos hopi de máis de 60 anos eran falantes fluídos, mais atendendo ós adultos entre 40 e 59 a cifra baixaba até o 84%. O 50% dos mozos adultos entre 20 e 39 anos eran falantes fluídos, e entre os nenos tan só o 5%. O hopi está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Malia as cifras á baixa, os hopi teñen programas de educación bilingüe en Arizona, e os nenos aprenden a súa lingua nativa como lingua vehicular.
Notas
Categoría:Linguas uto-aztecas Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas