O aeroporto de Tromsø, Langnes é un aeroporto situado na localidade de Langnes en Tromsø, Noruega. Atópase na ribeira oeste da illa de Tromsøya, a uns 4 quilómetros ao noroeste do centro da cidade. O aeroporto é propiedade e está operado pola compañía estatal Avinor. No ano 2017 foi usado por un total de 2 271 748 pasaxeiros, sendo o quinto aeroporto máis concorrido do país.
O aeroporto inaugurouse o día 14 de setembro de 1964, substituíndo ao aeroporto de Tromsø, Skattøra. Tromsø é un dos principais centros de conexións para os voos da aeroliña rexional Widerøe cara Finnmark. Dende a súa apertura Scandinavian Airlines (SAS) realizou os principais voos cara a outros aeroportos primarios. Braathens SAFE e a súa subsidiaria Busy Bee operaron dende Tromsø de 1967 ata 2002. Norwegian Air Shuttle leva voando dende o aeroporto dende o ano 1992 e Lufttransport ten a súa principal base de operacións en Tromsø. A actual Terminal B foi construída en 1977. A Terminal A inaugurouse en 1997, despois de que se ampliase a pista 240 metros e se construise unha nove torre de control.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Tromsø