TET-1 (acrónimo de Technologieerprobungsträger 1), tamén coñecido como FireBird 1, é un satélite artificial da DLR alemá lanzado nun foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur o 22 de xullo de 2012.
Características TET-1 é o elemento principal do programa alemán Verificación en Órbita (On-Orbit Verification Program, OOV) para probar novas tecnoloxías no espazo. Cunha masa de 120 kg, o satélite leva once experimentos a bordo. Foi inxectado nunha órbita heliosincrónica e o instrumento principal é unha cámara para lonxitudes de onda visibles e infravermellas capaz de detectar fenómenos de altas temperaturas como lumes forestais e volcáns.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz FG
Categoría:Satélites artificiais