Zak Storm (tamén coñecido como Zak Storm: Super Pirate) é unha serie de animación por ordenador producida por Zagtoon, Method Animation, De Agostini Editore, SAMG Animation, MNC Animation e Man of Action. Estreouse en Canal J en Francia o 2 de decembro de 2016, e nos Estados Unidos a través de KidsClick dende o 30 de setembro de 2017 até o 7 de xaneiro de 2018, seguido por Discovery Family o 14 de outubro de 2017.
Sinopse Zak Storm é un rapaz que no medio dunha competencia de surf é absorbido cara a dentro dos Sete Mares do Triángulo das Bermudas e convértese no capitán dun barco de inadaptados. Zak conta cunha espada máxica falante chamada Calabrass que lle permite empregar varias armaduras con armas que lle axudarán a enfrontar numerosos perigos na súa viaxe. Zak navega polos sete mares do Triángulo cun barco extraordinario e unha tripulación composta dunha espada enmeigada, unha teimuda princesa Atlante como primeira oficial, un viquingo, un viaxeiro espacial neurótico e unha pantasma.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Debuxos animados