Ana Iturgaiz, nada en Getxo (Biscaia) o 17 de outubro de 1965, é unha escritora vasca en lingua castelá. Desde a década de 1990 reside en Madrid.

Traxectoria Licenciouse en Historia pola Universidade de Deusto, e traballou como bibliotecaria arquiveira. Publicou varios contos en antoloxías.

Obras Bajo las estrellas (novela histórica, 2012). Es por ti (2012). Acordes de seda (novela histórica, 2013). Tu nombre al trasluz (2014). Arriésgate por mí (2014).

Premios e recoñecementos Finalista do Premio de Novela Romántica 2010, organizado por Ediciones B e El Rincón de la Novela Romántica. Premio ao mellor romance histórico 2013, outorgado pola revista Romántica Finalista do I Concurso de Relato Curto Rincón de la Novela Romántica Finalista no IV Certame de Relatos Breves de RENFE.

Notas

Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Getxo Categoría:Nados en 1965