Tropical Rainfall Measuring Mission, máis coñecido polo seu acrónimo TRMM, foi un satélite artificial colaboración da NASA e da NASDA xaponesa lanzado nun foguete H-II desde o Centro Espacial de Tanegashima o 27 de novembro de 1997.
Características A misión de TRMM foi estudar as precipitacións das zonas tropicais e subtropicais, un dos factores máis importantes e menos coñecido do sistema climático terrestre debido ao calor latente que libera.
A nave estabilizábase nos tres eixos e dispoñía de dous paneis solares que lle proporcionaban ata 1100 vatios de potencia. Levaba os seguintes instrumentos a bordo:
Clouds and the Earth's Radiant Energy System (CERES): un radiómetro pasivo de banda ancha con tres bandas espectrais (do visible ao infravermello) para medir o balance enerxético da Terra e a radiación da atmosfera desde a parte superior ata a superficie. Lightning Imaging Sensor (LIS): telescopio óptico con sistema de filtrado para estudar a distribución e variabilidade dos relampos, tanto os producidos entre as nubes como entre as nubes e o solo. Precipitation Radar (PR): o primeiro radar para detección de chuvia enviado ao espazo. Era capaz de obter datos da estrutura tridimensional da chuvia, medir a súa cantidade e foi usado para mellorar a preción do instrumento TMI. TRMM Microwave Imager(TMI): radiómetro microondas multicanal para obter datos da chuvia sobre os océanos. Xunto co PR obtivo o conxunto de datos máis importantes da misión. Visible Infrared Scanner (VIRS): radiómetro pasivo para medir a irradiancia en cinco bandas espectrais, do visible ao infravermello.
As operacións con TRMM cesaron o 8 de abril de 2015, tras esgotar o satélite todo o seu propelente. Reentrou na atmosfera o 16 de xuño dese mesmo ano. En 2014 lanzouse Global Precipitation Measurement, que continuou o traballo de TRMM.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos H-II Global Precipitation Measurement Ligazóns externas Páxina de TRMM na NASA.
Categoría:Satélites artificiais