Ève Denise Julie Curie-Labouisse, nada en París o 6 de decembro de 1904 e finada en Nova York o 22 de outubro de 2007, foi unha escritora francesa. Foi a segunda filla de Marie e Pierre Curie, e en 1937 publicou unha aclamada biografía da súa nai. A súa vida estivo ligada aos premios Nobel: tanto os seus pais como a súa irmá, Irène Curie, foron galardoados co premio Nobel en ciencias, e o seu marido, Henry Richardson Labouisse, Jr. recibiu o Premio Nobel da Paz concedido a UNICEF, organización da que foi director.
Foi doutora honoris causa polo Mills College (California), o Colexio Russell Sage e a Universidade de Rochester.Dictionnaire biographique francais contemporain (1950), Ed. Pharos, vol. 2, pág. 196.
Traxectoria Creceu na casa familiar en Sceaux. Despois da morte do seu pai en 1906 e do matrimonio da súa irmá Irène co científico Frédéric Joliot, trasladouse a vivir a París coa súa nai. Estudou Ciencias e Filosofía no Collège Sévigné, graduándose en 1925. Foi concertista de piano, e realizou o seu primeiro concerto en París en 1925. Actuou en Francia e Bélxica até o estoupido da segunda guerra mundial.
Despois do falecemento da súa nai en 1934 escribiu a súa biografía, Madame Curie, que se converteu en supervendas mundial en 1938.
En 1940, caída Francia, instalouse no Reino Unido, onde se uniu á Francia Libre traballando para os Aliados até a fin da guerra. Escribiu Journey among Warriors, crónica das súas viaxes sobre as frontes da segunda guerra mundial. En 1944 fundou, xunto con Philippe Barrès, o periódico Paris-Presse, que codirixiu até 1949.Claude Bellanger: Histoire générale de la presse française, Ed. universitaires de France, 1969, tomo. IV, pág. 286.
En 1952 foi nomeada conselleira especial da Secretaría Xeral da OTAN. En 1954 casou con Henry Labouisse, presidente de UNICEF durante 15 anos, e en 1958 adquiriu a nacionalidade estadounidense. Foi administradora da Fundación Curie de 1957 a 1967, a título de representante de Marie Curie, creadora da fundación.
En 1939 foi nomeada membro da Lexión de Honor e da Orde Polonia Restituta.Thomson Gale, Anne Commire, Donna Olendorf (1986): Something about the Author, Ed. Gale, vol. 1, pag. 73. ISBN 0810300508. En 1944 concédenlle a Cruz de guerra. O 13 de xullo de 2005 foi nomeada Oficial da Lexión de Honor polas súas achegas á causa humanitaria.
Obras Ensaio Madame Curie (Gallimard, 1938) They speak for a nation, letters from France (Doubleday, 1941) Journey among Warriors (W. Heinemann, 1943) Voyage parmi les guerriers (Flammarion, 1946)
Teatro Tradución ao francés da obra de teatro 145, Wall Street (1933)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Gale Encyclopedia of Biography: Eve Curie
Ligazóns externas
Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1904 Categoría:Correspondentes de guerra Categoría:Finados en 2007 Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa