Non confundir con Hieronymus Duquesnoy o Novo fillo de Hieronymus Duquesnoy o Vello. Para outros personaxes co mesmo apelido, ver a páxina de homónimos Duquesnoy.

Hieronymus Duquesnoy o Vello (coñecido tamén polo seu nome de pía en francés: Jérôme), nado na localidade actualmente francesa de Le Quesnoy cara a 1570 e finado en Bruxelas arredor do ano 1641, foi un escultor brabantino da corte de Alberte e Isabel.

Traxectoria

miniatura|esquerda|Estatua de Duquesnoy na igrexa de San Martiño de Aalst Foi un escultor moi influído polas obras do manierismo francés e italiano. Ademais das obras civís para o palacio e os xardíns da corte, logo da eclosión dos iconoclastas protestantes de mediados do século XVI nos Países Baixos, Duquesnoy dedicouse particularmente á elaboración de moblaxe e composicións escultóricas para igrexas, e tamén á súa reconstrución, logo da destrución orixinada polos conflitos relixiosos de finais do século XVI. Entre as súas obras desta orde cómpre salientar a torre do Santo Sacramento da igrexa de San Martiño, de Aalst, na provincia de Flandres Oriental, ergueita por el no corredor do coro, aproximadamente a nivel do altar.La sculpture au temps de Rubens. Museo de Arte Antiga (Musée d'Art ancien). Bruxelas, 15 de xullo - 2 de outubro de 1977. Páxinas 85-86 (limiar de Philippe Roberts-Jones e René De Roo) (en francés)

Duquesnoy é tamén o autor dunha alegoría de Xustiza e Verdade, para o municipio flamengo de Halle, e dunha María Madalena feita para o parque do palacio do Coudenberg, en Bruxelas, que foi substituída máis tarde por unha copia e o orixinal pasou a formar parte da colección do museo municipal da antiga casa do Sindicato de Panadeiros, hoxe coñecida como Maison du Roi d'Espagne ("Casa do Rei de España"; en neerlandés: Den Coninck van Spaignien), na Grand-Place de Bruxelas.Vlieghe, H. Flemish art and Architecture 1585-1700. Capítulo 11: Sculpture. Yale University Press. 1998. Páxina 233 [ISBN 0-300-07038-1] (en inglés)

Na igrexa gótica de Nosa Señora da Boa Esperanza de Vilvoorde tamén hai un epitafio de mármore, na honra de Henricus van Bronchorst (finado en 1629) cuxa autoría se lle atribúe a Duquesnoy.

No entanto, a súa obra máis famosa non é de carácter relixioso, senón profano: o Manneken Pis, unha popular estatua-fonte de bronce de 1619 que reproduce un neno ouriñando, cuxa copia está situada no centro da vila de Bruxelas e cuxo orixinal se conserva no Museo da Cidade de Bruxelas.Información sobre o Manneken Pis. En IlotSacre.be (en castelán)

Casou arredor do ano 1595 e foi pai do tamén escultor e arquitecto Hieronymus Duquesnoy o Novo e de François Duquesnoy, que foi tamén un afamado escultor da corte de Alberte VII de Austria.Hadermann-Misguich, L. Les Du Quesnoy. Editions J. Duculot. Gembloux, 1970. Páxinas 7-14 (en francés)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía De Busscher, E. "Les sculpteurs De Quesnoy, Delvaux, Calloigne". En Annales de la Société Royale des Beaux Arts. Gante, 1877 (en francés) Philippot, P. et al. L'architecture religieuse et la sculpture baroques dans les Pays-Bas méridionaux et la principauté de Liège 1600-1770. Éditions Mardaga. Wavre, 2003. Páxinas 769-771 [ISBN 978-2-87009-838-7] (en francés)

Outros artigos Hieronymus Duquesnoy o Novo François Duquesnoy Manneken Pis

Categoría:Nados en 1570 Categoría:Finados en 1641 Categoría:Nados en Le Quesnoy Categoría:Escultores de Bélxica Categoría:Cultura de Bélxica Categoría:Escultores do século XVI Categoría:Escultores do século XVII