Raúl Campos Martínez, nado en 1929 e finado en Vilaronte (Foz) o 16 de xaneiro de 1989, foi un político galego. Traxectoria Nas primeiras eleccións municipais democráticas foi o número dous da candidatura de UCD á alcaldía de Foz encabezada por Luís Cordeiro, e logo da dimisión deste foi elixido alcalde co apoio de Coalición Popular. Nas municipais de 1987 presentouse polo CDS e só obtiveron dous concelleiros. Finou en 1989 con 59 anos.La Voz de Galicia, 17-1-1989, p. 28.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Foz

Categoría:Alcaldes de Foz Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Finados en 1989 Categoría:Nados en 1929