Non confundir con Hieronymus Duquesnoy o Vello pai de Hieronymus Duquesnoy o Novo. Para outros personaxes co mesmo apelido, ver a páxina de homónimos Duquesnoy.
Hieronymus Duquesnoy o Novo (coñecido tamén co seu nome de pía en francés: Jérôme), nado na cidade de Bruxelas cara a 1602 (bautizado o 8 de maio dese ano) e executado na vila flamenga de Gante o 28 de setembro de 1652, foi un escultor e arquitecto brabantino."Jerôme Duquesnoy II ". En Baroque in the Southern Netherlands (en inglés)
Traxectoria miniatura|esquerda|Mausoleo do bispo Triest, en Gante Hieronymus recibiu a súa primeira educación artística en Bruxelas da man do seu pai, Hieronymus Duquesnoy o Vello, e aínda moi novo, en 1618, marchou a Roma para completar a súa formación, xunto co seu irmán François. As disputas persoais entre os irmáns fan que estes se separen e Hieronymus viaxa posteriormente a Lisboa, Florencia e Madrid, onde traballa na corte do rei Filipe IV."Du Quesnoy family". En Grove Art Online. Oxford University (en inglés)
Reconciliado con François entre 1641 e 1643, cando este se atopaba gravemente doente, traballou no seu obradoiro en Roma e, tras a morte deste, volveu a Bruxelas, onde o arquiduque Leopoldo Guillerme de Austria, elixido como gobernador dos Países Baixos por Filipe IV, o nomeou escultor da corte. En Bruxelas comezou unha carreira sobresaliente. As obras con certas influencias barrocas do seu irmán supuxeron para Hieronymus un referente para o resto da súa vida e convertérono nun dos principais espalladores deste estilo polos Países Baixos.
miniatura|"A Educación da Virxe por Santa Ana", en Bruxelas Entre 1644 e 1646 esculpiu catro grandes estatuas dos apóstolos Paulo, Tomé, Bertomeu e Mateu para unha nave da catedral de San Miguel e Santa Gúdula de Bruxelas.
En 1651 foi nomeado arquitecto e escultor da corte. E ese mesmo ano esculpiu unha estatua de Santa Úrsula para a igrexa de Nosa Señora do Sablón, en Bruxelas, e en 1653 outra talla da "Educación da Virxe por Santa Ana", para a catedral bruxelesa. Como un arquitecto, construíu entre 1651 e 1656, a capela de Nosa Señora da mesma catedral.Coekelberghs, Denis. "A propos de Jérôme Du Quesnoy le jeune". En La Tribune de l'Art, 1 de setembro de 2006 (en francés)
Destacan tamén entre as súas obras o "Cristo na cruz" en marfil da igrexa de Beatos de Mechelen, a estatua dos santos da abadía de San Miguel en Anveres e un "Rapto de Ganímedes" para o escultor Luc Faid'herbe.De Busscher, Edmond . "Les sculpteurs De Quesnoy, Delvaux, Calloigne". En Annales de la Société Royale des Beaux Arts. Gante, 1877. P. 305-440 (en francés)
A partir de 1651 traballou, sobre todo, para edificar o mausoleo do bispo Antoon Triest na catedral de San Bavón, en Gante."Philippe Malgouyres: Le buste d'Antoine Triest (1576–1657), évêque de Gand, par les frères Duquesnoy, entre au Louvre". En La Revue du Louvre et des musées de France. 2000. N° 4, P.15-17 (en francés)
Cando o mausoleo non estaba aínda rematado, foi acusado dun acto de sodomía sobre dous nenos de oito e once anos. Como consecuencia desta acusación, foi condenado a morte e, o 28 de setembro de 1654, foi executado esganándoo atado a un poste. O seu corpo foi reducido a cinzas na praza do mercado do gran, en Gante.Eekhoud, Georges. "Un illustre uraniste du XVII siècle. Jérôme Duquesnoy, sculpteur flamand". En Jahrbuch für Sexualzwischenstufen mit besonderer Berücksichtigung der Homosexualilät. 1900. P. 277-287 (en francés)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Hadermann-Misguich, Lydie. Les du Quesnoy. Gembloux, Duculot, 1970 De Busscher, E. "Les sculpteurs De Quesnoy, Delvaux, Calloigne". En Annales de la Société Royale des Beaux Arts. Gante, 1877 (en francés) Philippot, P. et al. L'architecture religieuse et la sculpture baroques dans les Pays-Bas méridionaux et la principauté de Liège 1600-1770. Éditions Mardaga. Wavre, 2003. Páxinas 769-771 [ISBN 978-2-87009-838-7] (en francés)
Outros artigos Hieronymus Duquesnoy o Vello François Duquesnoy
Categoría:Nados en 1602 Categoría:Nados en Bruxelas Categoría:Finados en 1654 Categoría:Executados Categoría:Escultores de Bélxica Categoría:Arquitectos de Bélxica Categoría:Cultura de Bélxica Categoría:Escultores do século XVII Categoría:Escultores do Barroco