Ana María Crespo de las Casas, nada o 30 de marzo de 1948 en Santa Cruz de Tenerife, é unha bióloga española. Doutorouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid. Na actualidade é a presidenta da Sección de Ciencias Naturais da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España. En 2024 foi elixida Presidenta desta academia, sendo a primeira muller en ocupar dito cargo dende 1847.

Traxectoria

Comezos Tras licenciarse en Bioloxía na Universidade Complutense de Madrid en 1970, realizou o doutoramento na mesma universidade e rematouno en 1973. A súa tese, Contribución al conocimiento de la flora y vegetación de los líquenes epífitos de la Sierra de Guadarrama, valeulle a cualificación «Sobresaliente cum Laude».

Actividade científica Desde 1983 é catedrática de Botánica na Facultade de Farmacia da UCM. Dedicouse principalmente á investigación evolutiva, sistemática e ecolóxica (Biodetección) de liques (ascomicetes liquenizados, micoloxía). Traballou sobre a relación entre caracteres fenotípicos e xenómicos poñendo de manifesto a alta homoplasia morfolóxica dos fungos e revelando a existencia habitual de gran cantidade de especies crípticas en liques; contribuíu tamén á configuración da actual sistemática evolutiva dos fungos especialmente coa súa achega á definición do moderno concepto de xénero. Traballou tamén en identificación molecular de especies (animais, vexetais e fungos) e colabora no deseño do DNA-Barcoding.

Foi Presidenta da Comisión Española do Programa Antártico de 1988 a 1994.

Foi Directora Xeral do gabinete do Secretario de Estado de Universidades e Investigación entre 1987 e 1991 e entre 1991 e 1993 foi Directora Xeral de Universidades. Ana Crespo foi Coordinadora Xeral da Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI) entre 2005 e 2008. Desde 2006 é Académica Correspondente nacional da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. O 27 de outubro de 2010 foi elixida como Académica Numeraria da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.

É directora do grupo de investigación SYSTEMOL e do Departamento de Bioloxía Vexetal II da Universidade Complutense de Madrid.

Premios e recoñecementos Acharius Medal (máxima condecoración individual por mérito científico que outorga a International Association for Lichenology, IAL). Concedida en xaneiro de 2012. Académica Numeraria da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais (desde 2010) Investigador asociado do Field Museum of Natural History (Chicago, ll, USA) desde 2005. Medalla de Honra individual da Universidade Internacional Menéndez e Pelayo (1993) Membro electo do Council da International Association for Plant Taxonomy (IAPT) desde 2011. Membro Vocal da directiva da International Association for Lichenoly, de 2000 a 2006 e desde 2008. Distinguida polos seus colegas coa dedicatoria de: 7 especies, 1 subxénero e 2 xéneros, a maioría liques.

Publicacións 1999. "DNA extraction and PCR amplification method suitable for fresh, herbarium-stored, lichenized, and other fungi" 2004. Mycological Research, Volume 108, Issue 8, 2004, Pages 873-884, ISSN 0953-7562. Autores: Oscar Blanco, Ana Crespo, Pradeep K. Divakar, Theodore L. Esslinger, David L. Hawksworth, H. Thorsten Lumbsch. Melanelixia and Melanohalea, two new genera segregated from Melanelia (Parmeliaceae) based on molecular and morphological data. 2004. A molecular phylogeny and a new classification of parmelioid lichens containing Xanthoparmelia-type lichenan (Ascomycota: Lecanorales). 2010. Fungal Diversity 42(1):47-55. P. K. Divakar, G. Figueras, N. Hladun & A. Crespo 2010. Systematics and Biodiversity.8(2):209-221. Ana Crespo & al. 2010. American Journal of Botany. 97(4): 579 -590. P.K. Divakar, H. T. Lumbsch, Z. Ferencova, R. DelPrado & A. Crespo 2010. Molecular Phylogenetics and Evolution 56:125-133. R. Del-Prado, P. Cubas, H. T. Lumbsch, P. K. Divakar, O. Blanco, G. Amo De Paz, M. C. Molina, A. Crespo. 2010. Taxon 59(6):1735-1753. Ana Crespo & al. 2010. American Journal of Botany 97(5): 738 -752. 2010. Sergio Perez-Ortega; Asunción de los Ríos; Ana Crespo; Leopoldo G Sancho 2012. Nuclear ribosomal internal transcribed spacer (ITS) region as a universal DNA barcode marker for Fungi.

Notas

Categoría:Biólogos de España Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Santa Cruz de Tenerife Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Académicos da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais