María de la Concepción Carnero Valenzuela, nada en Santiago de Compostela o 6 de decembro de 1909, foi unha química galega.
Traxectoria Realizou estudos superiores na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela entre 1927 e 1932. Foi unha das primeiras docentes de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela, xa que foi profesora axudante na materia de Química Orgánica en 1933 e de Complementos de Química en 1934. Ademais foi profesora axudante de clases prácticas no curso 1935-1936.
Tamén deu clases de Química, Física, Ciencias Naturais e Matemáticas no Colexio Nosa Señora dos Remedios, en Santiago.
Traballou xunto a Fernando Calvet no estudo das dioxinasIndizado en Chemical Abstracts 26, 4605 (1932), co que publicou os seguintes artigos:
Logo do contacto coas relixiosas do Colexio Nosa Señora dos Remedios, rematou por entrar na orde da Compañía das Fillas da Caridade.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Pintos, Xoana (2016): "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela
Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia. Ligazóns externas
María de la Concepción Carnero Valenzuela, química en Mujeres con ciencia
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Químicos de Galicia