Elisa Susana Agustina Díaz Riva, nada en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1914, foi unha química galega.
Traxectoria Foi filla de Nicolás Díaz López, profesor de Latín e director do Instituto de Santiago (nado en maio de 1871 en Lugo,"Padrón de vecinos del Ayuntamiento de Lugo. Año de 1904" (Arquivo Municipal de Lugo, cartapacio 115, fol. 5v).) e de Sabina Riva Moscoso (nada en 1880 en Ferrol."Padrón de vecinos del Ayuntamiento de Ferrol para el año de 1882" (Arquivo Histórico Municipal de Ferrol, "Barrio 2º, Calle de San Carlos").) Tivo tres irmáns que estudaron na universidade compostelá: Manuel e Nicolás Antonio, que fixeron Medicina, e María Vitoria, que estudou Filosofía e Letras e foi mestra e inspectora de Primeira ensinanza en Oviedo. María Vitoria, ademais, sería unha das pensionistas da JAE.
Elisa estudou o bacharelato no Instituto de Santiago xunto con Natividad Mejuto Larrauri, quen sería unha das súas grandes amigas na facultade. Entre 1930 e 1934 realizou os seus estudos na Facultade de Ciencias (Sección Química), acadando o grao de licenciada, tras o que conseguiu unha bolsa na facultade de Ciencias. Traballou como axudante de clases prácticas da materia Física Experimental durante 1934 e 1935 na Facultade de Ciencias e como axudante interina no Instituto de Santiago.
Unha vez rematada a carreira foi Axudante de Laboratorio de Bioloxía xunto ao profesor Luís Iglesias (1935) e tamén no Laboratorio de Física (1935 e 1936), baixo a dirección de Mariano Zurimendi. Gañou unha praza de Profesora de Física e Química no Instituto de Segunda Ensinanza Pi i Margall de Barcelona (Institut-Escola Pi i Margall), que non chegou a exercer por pasar ao Instituto de Badalona.
Elisa casou polo civil co pontevedrés Laureano Poza Juncal, químico como ela, o 6 de marzo de 1937 en Madrid. Laureano, que pertencía a unha destacada familia republicana e masona, militou en Acción Republicana de Pontevedra en 1933 e en Izquierda Republicana en Madrid, e traballou como catedrático interino no Instituto Nacional de Segunda Ensinanza de Vigo (1935) e como profesor na Escuela de Guerra número 1, en Barcelona.
Exilio Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, Laureano Poza foi depurado do seu posto docente en Vigo. Xunto con Elisa e a súa irmá, María Vitoria, apareceron como beneficiarios dunha axuda que outorgaba o centro marsellés dos Comités de Axuda ós intelectuais cataláns. Elisa e o seu marido marcharon ao exilio no buque Ipanema, chegando ao porto de Veracruz, en México, o 7 de xullo de 1939,, país no que pasaron o resto da súa vida.
Nese país americano Elisa completou a súa preparación estudando na Universidade Feminina a carreira de Técnica en Laboratorios Clínicos. Traballou como profesora de Química xeral, Química inorgánica e Química orgánica en escolas secundarias de México, así como no Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón, creado polas JARE para os fillos dos exiliados españois. Tamén se dedicou á Filosofía esotérica, formando parte dunha asociación teosófica e escribiu "Los caminos de la vida y de la muerte".
Vida persoal Elisa Díaz e Laureano Poza tiveron tres fillos: Joaquín (nado o 23 de abril de 1941) e as xemelgas Elisa Vitoria e Pilar (1945) Poza Díaz.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
,
Categoría:Exilio galego
Categoría:Galegos de México
Categoría:Nados en 1914 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en ano descoñecido