O termo exfoliación,exfoliación no Dicionario da RAG.exfoliar no Dicionario da RAG. do latín científico exfoliātiōn, acción ou efecto de exfoliāre, "caer as follas", "separación en follas, escamas ou láminas", derivado dos elementos do latín clásico ex-, "que procede de", "fóra de", e folium, -ii, "folla",exfoliation en Dictionary.com .exfoliation en Online Etymology Dictionary . exfoliate no Merriam-Webster's Unabriged Dictionary . pode referirse a: En botánica, a exfoliación é a remoción ou perda de follas dunha planta ou o descascado da codia dun tronco. En cosmética,cosmética no Dicionario da RAG. a exfoliación consiste en erosionar deliberadamente as capas superficiais mortas (escamas) das células da epiderme. En dermatoloxía, a exfoliación designa a perda das capas superficiais da epiderme (a capa córnea) en forma de pequenas películas chamadas escamas. En mineraloxía, a exfoliación é a propiedade de certos minerais de dividírense en láminas paralelas ás caras cristalográficas. En petroloxía, a exfoliación é a separación de varias capas dunha rocha, sen que esta rocha sexa necesariamente de orixe sedimentaria. Por exemplo, este fenómeno dase no granito. Na ciencia dos materiais, a exfoliación é o desprendemiento dunha capa delgada dun material. O grafeno, material composto por un único plano de átomos de carbono pode, por exemplo, ser fabricado por exfoliación.

Véxase tamén Exfoliación, en Intercalación (química)

Notas