Rhabdornis é un xénero de aves paseriformes pertencente á familia Sturnidae. Son paxaros pequenos de hábitos máis parecidos aos dos páridos aínda que de aspecto similar aos cértidos. Rhabdornis foi situado nunha familia propia, Rhabdornithidae (Greenway, 1967) pero non foi aceptado por todas as autoridades, e ás veces foi incluído en Certhiidae ou en Timaliidae. Máis recentemente, Zuccon et al. 2006 sitúan a Rhabdornis nun clado máis basal na familia dos estorniños (Sturnidae).<ref>Zuccon, Dario; Cibois, Anne; Pasquet, Eric & Ericson, Per G.P.</span> (2006): Nuclear and mitochondrial sequence data reveal the major lineages of starlings, mynas and related taxa. Molecular Phylogenetics and Evolution 41(2): 333-344. doi: 10.1016/j.ympev.2006.05.007 (resumo HTML)</ref>

O xénero (e a familia Rhabdornithidae) é endémico de Filipinas. O grupo contén só tres especies. Non migran, só realizan movementos locais. Son de aparencia similar aos cértidos. Teñen peteiros de punta fina curvados cara a abaixo, que poden utilizar para extraer insectos entre a codia das árbores, mais tamén teñen linguas como cepillos, que lles permiten ademais alimentarse de néctar. Fan os niños nos ocos das árbores.

Especies Rhabdornis mystacalis Rhabdornis grandis Rhabdornis inornatus

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Don Robertson's Bird Families of the World : Rhabornises. Contén fotos das 3 especies. Versión do 25 de xaneiro de 2006. Consultada o 20 de xullo de 2007. Flickr Field Guide: Birds of the World: Foto de Rhabdornis mystacalis. Consultada o 19 de xullo de 2007.

Categoría:Paseriformes