miniatura|150px|Gran Canón. Arizona. En xeomorfoloxía, a epixénese é o fenómeno no curso do cal un río, cando o seu leito é escavado nun manto de rocha branda, entalla un canón na rocha dura subxacente.
Causas A interposición desta nun treito do curso de auga pode ser o resultado dunha antecedencia: a estrutura de rocha dura foi realzada por movementos tectónicos posteriores á instalación do río no terreo brando (correntes subsecuentes).
Noutros casos trátase dun fenómeno de sobreimposición: a estrutura dura existía xa e adquirira a súa forma baixo a rocha branda antes da instalación do río (correntes obsecuentes) .
Efectos En derterminadas rexións, debido a este fenómeno, poden quedar ao descuberto, na superficie, terreos antigos pregados que estiveron cubertos por outros máis modernos. A rede fluvial iniciada na cuberta sedimentaria moderna, adaptada á súa estrutura sinxela, termina por escavar os seus vales nas rochas subxacentas máis duras, sen gardar ningunha relación coa estrutura do zócolo. Como a cuberta sedimentaria vai sendo eliminada progresivamente, o zócolo antigo queda descuberto en grandes extensións, e a rede fluvial nel "entallada" denomínase "superposta" ou epixénica.
Nas rexións de estrutura tabular, onde os estratos de rochas sedimentarias quedaron en posición horizontal, os ríos encaixan profundamente en canóns de paredes verticais, cuxo percorrido tortuoso é consecuencia do leito divagante que tiñan na chaira superior antes de iniciar o seu encaixamento epixénico.
Finalmente, pode ocorrer que unha reda fluvial au un río sexa máis antigo que a cadea montañosa que atravesan, que se foi elevando pouco a pouco, a mediada que o río se enxaixaba no macizo monntañoso. Por exemplo, os grandes ríos que cruzan o Himalaia, o Indo e o Brahmaputra, deben seren anteriores ao levantamento desta cordilleira, e foron cortando transversalmente este impoñente macizo montañoso a medida que se elevaba durante parte da era terciaria.
Así mesmo, algunhas gargantas epixénicas dos ríos cantábricos deberon formarse tamén ao mesmo tempo que se producía o levantamento da cordilleira Cantábrica durante o terciario.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Lillo, José Luis; López. M. T.; Redonet, L. F., Robles, F. e Usera, J. M. (1995): Geología. Paterna, Valencia: Editorial Ecir, S. A. ISBN 84-7065-073-4. Meléndez, Bermudo e Fuster, José Mª (1980): Geología, 4ª ed. Madrid: Paraninfo. ISBN 84-283-0956-6. Outros artigos Canón (xeoloxía)
Categoría:Xeomorfoloxía