María del Pilar Maspons i Labrós, nada en Barcelona o 4 de decembro de 1841 e finada o 31 de xaneiro de 1907, foi unha escritora da Renaixença catalá, que usou o pseudónimo de María de Bell-Iloc.

Traxectoria Irmá de Francesc de Sales Maspons i Labrós e cuñada de Francesc Pelagi Briz, colaborou en prosa e verso en publicacións como Lo Gai Saber, La Renaixença, La Veu del Montserrat, Calendari Català ou La Llumanera de Nova York.

A súa obra está marcada polas tendencias da Renaixença, por un Romanticismo de carácter medieval, patriótico e tradicionalista. Deuse a coñecer como poeta, e foi unha das primeiras mulleres folcloristas, facendo traballo de campo para recompilar e transcribir lendas e narracións etnográficas que despois recreou e editou. É a autora da primeira novela da literatura catalá contemporánea, Vigatans i botiflers, publicada por fascículos entre 1878-1879 e ambientada durante a Guerra de Sucesión Española.

Obra Salabrugas, poesías catalanas (1874) Narracions y llegendas (1875) Vigatans y botiflers, novela histórica (1878) Llegendas catalanas (1881) Costums i tradicions del Vallès (1882) Elisabeth de Mur (1924)

Premios Primeiro accésit ao xasmín de prata en Lleida en 1869 Premio dos Xogos Florais de Barcelona en 1875 por Narracions i llegendes. Premio dos Xogos Florais de Barcelona en 1880 por Montseny Premio dos Xogos Florais de Granollers en 1882 por Costums i tradicions del Vallès.

Notas

Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Poetas de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en 1841 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Finados en 1907