Yawar Mallku (en quechua: "Sangue de cóndor") é un filme boliviano de 1969 dirixido e coescrito por Jorge Sanjinés. Conta a historia dunha comunidade indíxena de Bolivia que recibe atención médica da axencia estadounidense Cuerpo del Progreso (do estilo do Corpo de Paz) que está secretamente esterilizando as mulleres locais. A historia, que está baseada en feitos reais sufridos pola comunidade do director, provocou unha indignación no público que conduciu a unha investigación gobernamental sobre as accións do Corpo de Paz en Bolivia, que rematou coa expulsión da axencia do país.
Sinopse Unha comunidade indíxena de Bolivia recibe atención médica da axencia estadounidense "Cuerpo del Progreso", mais non sospeitan que a mesma axencia está esterilizando as mulleres da comunidade co fin de que non se reproduzan os indíxenas. Cando a verdade se revela, os bolivianos atacan ós estranxeiros, pero os atacantes son capturados e fusilados polas autoridades. Sixto Mallku, o irmán do protagonista Ignacio Mallku é ferido. Ignacio busca desesperadamente atención médica para o seu irmán, pero por mor da falta de cartos para un coidado axeitado, este morre.
Personaxes Marcelino Yanahuaya como Ignacio Mallku Benedicta Mendoza como Paulina Vicente Verneros Salinas como Sixto Mallku
Impacto Yawar Mallku está considerada como unha obra que provocou a expulsión do Corpo de Paz de Bolivia nun acto de antiimperialismo e nacionalismo cultural dos indíxenas.Geidel, Molly. "Sowing Death in Our Women's Wombs": Modernization and Indigenous Nationalism in the 1960s Peace Corps and Jorge Sanjinés' Yawar Mallku. American Quarterly - Volume 62, Number 3, setembro de 2010, pp. 763-786
Despois da estrea de Yawar Mallku, Sanjinés aprendeu que moitos labregos tiñan críticas pola dificultade de entender o filme por mor da narración con flashback, xa que a súa maneira de facer cinema estaba moi influída polo cine europeo, e tamén pola falta de atención a denunciar as causas dos pobos indíxenas. Tivo isto en conta para facer o seu seguinte filme, titulado El coraje del pueblo, en 1971.Rosalind Galt, Karl Schoonover. Global Art Cinema: New Theories and Histories. 2010, pp. 359.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1969 Categoría:Filmes en lingua quechua Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Bolivia Categoría:Filmes dirixidos por Jorge Sanjinés