A memoria eidética (ás veces chamada memoria fotográfica) é unha habilidade para lembrar vividamente imaxes despois duns poucos instantes, cunha alta precisión para o breve tempo de exposición, sen utilizar unha regra mnemotécnica.<ref name=brit>[http://www.britannica.com/EBchecked/topic/180955/eidetic-image "Eidetic image", Encyclopædia Britannica]</ref> Malia que os termos memoria eidética e memoria fotográfica son popularmente usados de xeito intercambiable, tamén son distinguibles, xa que a memoria eidética é a habilidade específica de ver as lembranzas como fotografías, e a memoria fotográfica refírese á habilidade de lembrar páxinas de texto ou números, ou semellantes, con gran detalle. Cando se distinguen ámbolos dous conceptos, a memoria eidética ocorre nun reducido número de nenos e nos adultos é moi raro, mentres que a verdadeira memoria fotográfica non foi nunca demostrada.
A verba eidética'' provén do grego εἶδος ("visto").
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Memoria Fotográfica en tvtropes.org, incluíndo unha lista de exemplos da cultura popular.
Categoría:Memoria