Juan Manuel Pardo Gayoso, ás veces visto como José Manuel, nado en Lugo o 6 de xullo de 1918 e finado en Santa Mariña (Outeiro de Rei) o 8 de setembro de 1995, foi un militar, avogado e político galego.
Traxectoria Foi un dos fundadores da Falange lucense, así como do Sindicato Español Universitario (SEU). Combateu como alférez provisional no bando franquista durante a guerra civil española. Exerceu de gobernador civil da provincia de Guadalaxara entre 1958 e 1963 (desempeñando simultaneamente a posición de xefe provincial de Falange Española Tradicionalista y de las JONS) e da provincia de Xaén entre 1963 e 1968.Ministerio de la Gobernación: Ministerio de la Gobernación: Secretaría General del Movimiento: Secretaría General del Movimiento: Ministerio de la Gobernación: Ministerio de la Gobernación:
Pardo, que chegou ao rango de coronel no exército, participou como avogado axudante da defensa do tenente coronel golpista Antonio Tejero.
Faleceu o 8 de setembro de 1995 no pazo de Mirapeixe, na parroquia de Santa Mariña (Outeiro de Rei).
Recoñecementos Gran Cruz da Orde do Mérito Civil (1963)Ministerio de Asuntos Exteriores:
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Finados en 1995 Categoría:Nados en 1918 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Militares de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Gobernadores civís de Guadalaxara Categoría:Gobernadores civís de Xaén Categoría:Grandes cruces da Orde do Mérito Civil