Urraca Henriques nada en Guimarães no ano 1095 e finada en Nogueirosa, Pontedeume en 1173, foi unha nobre galega filla dos primeiros condes do condado portucalense, Henrique de Borgoña e Tareixa de León e irmá do primeiro rei de Portugal, Afonso I.
Traxectoria Casou con Vermudo Pérez de Traba, magnate galego, membro da casa de Traba —a máis poderosa da Galicia altomedieval— fillo de Pedro Froilaz de Traba, conde de Traba e de Urraca Fróilaz e irmán do amante da súa nai, en 1122.
En 1148, o seu esposo encargoulle ao abade do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos a construción dun convento en Nogueirosa, preto de Pontedeume. Este lugar formaba parte do dote que lle dera á infanta Urraca o 25 de xullo de 1122. Máis tarde, en 1150, Urraca dooulle ao abade e ao mosteiro varios bens coa condición de que ela e catro damas da súa familia fosen admitidas como relixiosas no convento de Santa María de Nogueirosa.
Preto de 1160, Vermudo ingresou como monxe no mosterio de Santa María de Sobrado, que fora fundado polos seus antepasados, onde morreu en 1168 aos 80 anos.
Urraca retirouse tamén probablemente o mesmo ano que o seu esposo ao mosteiro de Nogueirosa onde morreu en 1173 e foi enterrada na igrexa do seu convento.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Nados en 1095 Categoría:Dinastía de Borgoña Categoría:Finados en 1173 Categoría:Nobres de Galicia do século XI Categoría:Nobres de Galicia do século XII