Josefa Emilia Sabor, nada en Vilanova de Arousa o 23 de novembro de 1916 e finada en Buenos Aires o 11 de xaneiro de 2012, foi unha bibliotecaria e docente arxentina de ascendencia galega.

Traxectoria Josefa Sabor era filla de Francisco Sabor e Carmen Riera. A súa familia trasladouse a Buenos Aires en 1918. Nacionalizouse arxentina en 1937. Foi irmá de Celina Sabor de Cortazar e de María Ángeles Sabor Riera e cuñada de Augusto Raúl Cortázar.

Fixo os seus estudos na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Buenos Aires, onde se converteu en profesora de Historia e bibliotecaria. Por medio dunha bolsa da UNESCO, realizou viaxes de estudo por España, Francia, Italia, Alemaña e o Brasil entre os anos 1958 e 1959. Posteriormente, en 1963, recibiu unha bolsa do Departamento de Educación e Cultura dos Estados Unidos para estudar as técnicas de ensino en dez universidades dese país.

Desempeñouse como directora do Instituto de Bibliografía e Biblioteconomía da Universidade de Buenos Aires (1943-1946), da Biblioteca do Museo de Ciencias Naturais da Arxentina (1948-1952) da Biblioteca Central da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Buenos Aires (1955-1964) como fundadora e primeira directora do Instituto de Investigacións Bibliotecolóxicas INIBI da Facultade de Filosofía e Letras, UBA (1967-1973), da biblioteca e do Departamento de Publicacións do Interamerican Living Center de Bogotá, para a Organización de Estados Americanos e como experta da UNESCO en temas de asesoramento de bibliotecas.

Publicou diversos artigos en revistas especializadas da área da Biblioteconomía.

Obras

Manual de Fuentes de Información (1957) Bibliografía Básica de Obras de Referencia de Artes y Letras para la Argentina (1969) Métodos para enseñar Biblioteconomía (1969) Las normas y conclusiones de Medellín y la formación de bibliotecarios en América Latina (1974) El Planeamiento Bibliotecario a través de los Congresos y Reuniones celebradas en América Latina (1974) Desarrollo del Planeamiento Bibliotecario en América Latina (1975)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados en Vilanova de Arousa Categoría:Finados en 2012 Categoría:Arxentinos de ascendencia galega Categoría:Alumnos da Universidade de Buenos Aires Categoría:Bibliotecarios Categoría:Profesores da Universidade de Buenos Aires