Docha López-Riobóo LatorrePáxina web da artista, máis coñecida como Docha Riobóo, nada na Coruña en 1946, é unha escultora galega.

Traxectoria Docha Riobóo iniciou a súa actividade no mundo da arte a moi temperá idade. Aos 16 anos comezou a súa formación no estudo de Federico Coullaut-Valera (Madrid, 1912) fillo do reputado escultor Lorenzo Coullaut Valera e sobriño-neto do escritor Juan Valera.

Cando só contaba con 17 anos, Docha Riobóo obtivo a Terceira Medalla Salón de Otoño de Madrid; nesa época combinaba a súa actividade co deseño de Porcelanas Bidasoa. En 1969 foi galardoada coa Segunda Medalla Salón de Otoño e no ano 1971 obtivo a Primeira medalla Salón de Otoño no XLI Salón de Otoño organizado pola Asociación Nacional de Pintores y Escultores e que se desenvolveu no Palacio de Cristal do Retiro de Madrid.

A súa obra foi recoñecida con diversos premios como son o Palillo de Oro do Salón Cano (1970, Madrid), o Premio Marqués de las Amarillas (1971, Madrid), o Premio Barrié de la Maza (1974, A Coruña), o Premio Santiago de Santiago (1976, Madrid), ou a Mención Honorífica no Concurso de Proxectos para o Monumento a Simón Bolívar (1978, A Coruña).

A obra de Docha Riobóo, eminentemente figurativa, abarca diversos campos da creación artística, como son o retrato escultórico, a obra monumental, a medalla, o deseño e a restauración.

A súa obra monumental pódese atopar en diversos puntos da xeografía española; realizou en 1972 a escultura Virxe das Rosas en Santa Cruz de Tenerife, en 1973 o Home do Mar en Sanlúcar de Barrameda, Cádiz, en 1977 os murais do Instituto Social da Mariña en Palma de Mallorca, en 1985 realizou os bustos do exterior do edificio A Terraza nos Xardíns de Méndez Núñez da cidade da Coruña, e posteriormente no ano 1993 as esculturas para as áreas de descanso en Portonovo e A Laracha das estradas dependentes da Xunta de Galicia.

No campo da medalla destaca a realización da Medalla Conmemorativa da Xornada Mundial da Mocidade en Santiago de Compostela no ano 1989, a Medalla Conmemorativa da Inauguración do Museo de Arte Sacra da Coruña no ano 1990, ou a Medalla Conmemorativa do V Centenario da Colexiata de Santa María do Campo da Coruña, en 1994.

Distincións Palillo de Oro, 1970 Salón Cano, Madrid Primeira Medalla Salón de Otoño, 1971 Madrid Premio Marqués de las Amarillas, 1971, Madrid Premio Barrié de la Maza, 1974, A Coruña Premio Santiago de Santiago, 1976, Madrid Mención Honorífica Monumento a Simón Bolívar, 1978, A Coruña

Notas

Véxase tamén Bibliografía Catálogo. XL Salón de Otoño. Asociación Nacional de Pintores y Escultores, 1969 Catálogo. XLII Salón de Otoño. Asociación Nacional de Pintores y Escultores, 1972

Ligazóns externas Páxina persoal e

Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes