Coco é un filme estadounidense de 2017 producida por Pixar Animation Studios e distribuída por Walt Disney Pictures. Baséase nunha idea orixinal de Lee Unkrich, e foi dirixida polo propio Unkrich e codirixida por Adrian Molina. Conta a historia dun neno de 12 anos chamado Miguel Rivera que é transportado sen querer á terra dos mortos, onde busca a axuda do seu tataravó, un afamado músico, para regresar entre os vivos xunto á súa familia.

O concepto de Coco baséase na festividade mexicana do día dos mortos. Foi escrito por Molina e Matthew Aldrich a partir dunha historia de Unkrich, Jason Katz, Aldrich e Molina. Pixar comezou a desenvolver a animación en 2016; Unkrich e algúns membros de equipo visitaron México para inspirarse. Composer Michael Giacchino, que xa traballara noutros filmes animados de Pixar, compuxo a banda snora. As voces do filme inclúen as de Anthony Gonzalez, Gael García Bernal, Benjamin Bratt, Alanna Ubach, Renée Victor, Ana Ofelia Murguía e Edward James Olmos. Coco é o primeiro filme cun orzamento de nove cifras e un elenco composto completamente de latinos, cun custo de $175–200 millóns.

Coco estreouse o 20 de outubro de 2017, durante o Festival Internacional de Cinema de Morelia en Morelia, México. Foi estreado nos cinemas de México a semana seguinte, a semana antes do Día dos Mortos, e converteuse no filme con maior recadación de tódolos tempos no país. Foi estreado nos Estados Unidos o 22 de novembro de 2017, e recadou preto de $745 millóns en todo o mundo. Recibiu a aclamación da crítica pola súa animación, interpretación vocal, música, historia e repecto pola cultura mexicana. Foi escollido polo National Board of Review como o mellor filme de animación de 2017, e gañou numerosos premios; gañou o Oscar ó mellor filme de animación e á mellor canción orixinal ("Remember Me"), así como o BAFTA, un Globo de Ouro, o Critic's Choice Movie Award e o Annie Award.

Personaxes Anthony Gonzalez como Miguel Rivera Gael García Bernal como Héctor Rivera, Benjamin Bratt como Ernesto de la Cruz Alanna Ubach como Mamá Imelda Rivera Renée Victor como Elena Rivera Ana Ofelia Murguía como Mamá Socorro "Coco" Rivera Edward James Olmos como Chicharrón Alfonso Arau como Papá Julio Rivera Selene Luna como Tía Rosita Rivera Dyana Ortellí como Tía Victoria Rivera Herbert Sigüenza como Tío Oscar e Felipe Rivera Jaime Camil como Papá Enrique Rivera Sofía Espinosa como Mamá Luisa Rivera Luis Valdez como Tío Berto Rivera Polo Rojas como Abel Rivera Montse Hernández como Rosa Rivera Lombardo Boyar como Mariachi

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2017 en 3D Categoría:Filmes sobre nenos Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre a vellez Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes gañadores do Óscar á mellor canción orixinal Categoría:Óscar ó mellor filme de animación Categoría:Globo de Ouro á mellor animación Categoría:Filmes ambientados en México Categoría:Filmes de Pixar