Edith Mary Evans, DBE, nada en Londres o 8 de febreiro de 1888 e finada na mesma cidade o 14 de outubro de 1976, foi unha actriz británica cunha longa e distinguida carreira na escena do seu país. Polas súas interpretacións en cinema recibiu tres candidaturas ao Oscar e gañou un BAFTA e un Globo de Ouro.
Foi particularmente efectiva interpretando altivas damas dea aristocracia, como se aprecia en dous dos seus papeis máis famosos: Lady Bracknell en The Importance of Being Earnest, tanto en teatro como no filme de 1952, e Miss Western no filme de 1963 Tom Jones. En contraste, interpretou unha vella muller caída na pobreza no filme de 1967 The Whisperers.
Traxectoria Edith Evans naceu en Londres, filla de Edward Evans, empregado público e a súa dona, Carolina Ellen Foster. Estudou na escola St. Michael da Igrexa de Inglaterra en Pimlico, antes de ser aprendiza de modista aos quince anos de idade, en 1903.
A súa primeira interpretación teatral foi en Streatham en outubro de 1910 coa personaxe de Viola en Noite de reis. En 1912 descubriuna o producor William Poel, co que realizou a súa primeira aparición profesional en agosto interpretando a personaxe de Gautami nun clásico hindú do século XVI, Sakuntala. Recibiu moita atención coa súa interpretación de Crésida en Troilo e Crésida, presentada en Londres e logo en Stratford-upon-Avon.
Durante a súa longa carreira de máis de 60 anos de actuación interpretou uns 150 papeis, incluíndo varias obras de Shakespeare, William Congreve, Ibsen, Wycherley, Wilde, e autores contemporáneos como Shaw, Enid Bagnold, Christopher Fry e Coward.
Filmografía 1952 The Importance of Being Earnest 1958 Mirando cara a atrás con ira 1959 Historia dunha monxa 1963 Tom Jones 1964 The Chalk Garden 1967 The Whisperers 1967 Fitzwilly 1969 The Madwoman of Chaillot 1969 Crooks and Coronets 1970 Scrooge 1973 A Doll's House 1974 QB VII (TV) 1976 The Slipper and the Rose 1977 Nasty Habits
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Edith Evans Papers en Harry Ransom Center, University of Texas at Austin The Bryan Forbes Collection of Edith Evans The Henry Hurford Janes Collection of Edith Evans Performances by Edith Evans listed in The Theatre Collection, University of Bristol The Collection of research material on Edith Evans, actress en Victoria and Albert Museum Theatre and Performance Department.
Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra