Air Transat é unha aeroliña de baixo custo de vacacións canadense baseada en Montreal, Quebec. A compañía opera voos regurares e chárter, servindo a 63 destinos en 30 países. A aeroliña é propiedade e está operada por Transat A.T. Inc. No presente Air Transat transporta a uns 3,5 millóns de pasaxeiros anualmente.

Air Transat é unha das aeroliñas máis grandes do Canadá, tras Air Canada e WestJet. Air Transat ten 5 000 empregados. A aeroliña gañou varios premios, incluído o premio Skytrax á mellor aeroliña de vacacións do mundo en 2012.

Historia Primeiros anos Air Transat realizou o o seu voo inaugural o 14 de novembro de 1987, dende Montreal a Acapulco. Seis anos despois Air Transat asmíu a base de mantemento e os avións da defunta Nationair.

Asociación con CanJet O 13 de febreiro de 2009 Transat A.T. anunciou unha asociación de cinco anos con CanJet. Dende o 1 de maio dese ano Transat Tours Canada usou oc Boeing 737 de CanJet para voos chárter operando dende cidades do Canadá a varios destinos. Esta asociación foi substituída por un acordo con Westjet.

Asociación con Transavia France O 13 de setembro de 2013 Air Transat asinou un contrato estacional de arrendamento coa aeroliña do grupo Air France-KLM Transavia France, acordando o alugamento de ata nove Boeing 737-800 ata 2019. O acordo, que ampliaba un previo de 2010 para a estación de inverno, solicitaba o alugamento de catro 737-800 durante o inverno de 2014, cinco en 2016, seis en 2017, sete en 2018 e oito en 2019.

Frota miniatura|Airbus A310-300 de Air Transat miniatura|Airbus A330-200 de Air Transat En marzo de 2018 a frota de Air Transat estaba formada polos seguintes avións: + Frota de Air Transat Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros NotasCYTotalAirbus A310-3009—12238250Serán substituídos por Airbus A321LR.Airbus A320-2002——180180Alugados a CondorAirbus A321LR—10 TBA200Van ser alugados a AerCap a partir de 2019.Para substituír os Airbus A310-300.Airbus A330-20014112333345Un operado por CondorUn alugado a Travel Service Poland Airbus A330-3004—1233434612363375Boeing 737-7004—–148148Alugados a ASL Airlines France.Boeing 737-80016—–189189Total4911

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas do Canadá Categoría:Aeroliñas de baixo custo