Juliana Rotich é unha profesional das tecnoloxías da información que desenvolveu ferramentas de web para solucionar crises informativas por medio do crowdsourcing e para cubrir temas relacionados co medio ambiente. Foi a directora executiva de Ushahidi, un proxecto de software de código aberto que utiliza xeolocalización colaborativa, teléfono móbil e datos web para proporcionar medios de comunicación no medio dunha crise informativa.

Traxectoria Rotich é de Kenya. Ten un grao en tecnoloxías da información pola Universidade de Missouri e traballou no eido da industria das tecnoloxías da información por máis dez anos.

Foi a directora executiva de Ushahidi até setembro do 2015, cando deixou a organización para perseguir outros intereses.

"Ushahidi" É a palabra en suahili para "testemuño". Ushahidi foi posto en práctica por vez primeira durante a crise de elección presidencial kenyana de 2007-8. Dende entón foi utilizado en Chile, Xapón, Nova Zelandia, Australia, Paquistán, Tanzania, e Haití.

Como blogueira, é autora de artigos en Afrigadget.com, vén actuando como editora medioambiental de Global Voces Online (en galego: Voces globais en liña) e participou na conferencia TED en Arusha en 2007. Como oradora, é coñecida polos seus comentarios sobre a tecnoloxía en África e por expresar as súas preocupacións sobre a perda de bosque indíxena e das áreas de captación de auga en Kenya. É unha socia sénior de TED.

En 2011, Rotich foi nomeada empresaria social da Fundación Schawb do ano en África polo Foro Económico Mundial. En 2013 recibiu o Impact Award na conferencia DLDwomen 2013 celebrada en Múnic. En 2014, Rotich presentou a Conferencia anual do deseño Indaba en Cidade de Cabo.

En 2017 participou no cumio W20 en Berlín, Alemaña, na que participou nunha mesa redonda xunto coa chanceler Angela Merkel, a directora do FMI Christine Lagarde, a raíña Máxima dos Países Baixos, a ministra canadense de asuntos exteriores,Chrystia Freeland, Ivanka Trump entre outras, representando ao BRCK.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Crowdsourcing Software de código aberto Ligazóns externas Páxina persoal TED profile

Sitio oficial de BRCK Global Voices Online Ushahidi's Online Toolbox Helps People Understand the Service

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades da informática Categoría:Nados en Kenya