O aeroporto internacional de Hangzhou-Xiaoshan é o principal aeroporto que serve a Hangzhou, unha gran cidade na rexión da conurbación do Delta do Yangtzé e a capital da provincia chinesa de Zhejiang. Está situado na ribeira sur do río Qiantang, no distrito de Xiaoshan, a 27 quilómetros do centro de Hangzhou.

O aeroporto opera voos a destinos en toda China. Os destinos internacionais atópanse principalmente no leste e sueste de Asia, aínda que tamén opera voos a algunhas cidades de África, Europa e do sur de Asia. Hangzhou-Xiaoshan serve como cidade focal para Air China, China Eastern Airlines, China Southern Airlines, Hainan Airlines e Xiamen Airlines.

No ano 2017 o aeroporto de Hangzhou foi usado por 35 570 411 pasaxeiros, sendo o 10º máis concorrido da China en termos de pasaxeiros. Ademais, o aeroporto foi o 6º máis concorrido do país en termos de carga con 589 461 toneladas e o 9º en movemento de avións con 271 066.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Hangzhou