A derradeira película (en ) é un filme estadounidense de 1971 dirixido e coescrito por Peter Bogdanovich, adaptado da novela semiautobiográfica The Last Picture Show de Larry McMurtry.
Ambientada nunha pequena vila do norte de Texas de novembro de 1951 a outubro de 1952, trata o paso á idade adulta de Sonny Crawford (Timothy Bottoms) e o seu amigo Duane Jackson (Jeff Bridges). O elenco tamén inclúe a Cybill Shepherd (no seu debut cinematográfico), Ben Johnson, Eileen Brennan, Ellen Burstyn, Cloris Leachman, Clu Gulager, Randy Quaid e John Hillerman. Por motivos estéticos foi rodado en branco en negro, o que era infrecuente nesa época. O filme incorpora cancións de Hank Williams Sr. e outros artistas.
O filme foi candidato a oito premios Óscar, incluíndo mellor filme, dirección, actores secundarios (Ben Johnson e Jeff Bridges) e actrices secundarias (Ellen Burstyn e Cloris Leachman), con vitorias de Johnson e Leachman. En 1998 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.
Foi emitido na TVG o 21 de decembro de 2001.Programación
Sinopse Dous adolescentes pasan os seus días bebendo e namorando nunha cidade de Texas no inicio da década de 1950, época da guerra de Corea. Teñen como diversión só unha sesión de cinema na única sala de exhibición da cidade, ademais da iniciación sexual. Os dous se senten atraídos pola mesma moza e aí a amizade entre eles sofre.
Elenco Timothy Bottoms .... Sonny Crawford Jeff Bridges .... Duane Jackson Cybill Shepherd .... Jacy Farrow Ben Johnson .... Sam the Lion Cloris Leachman .... Ruth Popper Ellen Burstyn .... Lois Farrow Eileen Brennan .... Genevieve Clu Gulager .... Abilene Sam Bottoms .... Billy Sharon Ullrick .... Charlene Duggs Randy Quaid .... Lester Marlow Joe Heathcock .... Sheriff Bill Thurman .... Coach Popper Barc Doyle .... Joe Bob Blanton Jessie Lee Fulton .... Miss Mosey
Recepción e legado Recepción crítica A derradeira película foi aclamada pola crítica e ten un índice de aprobación do 100% na web Rotten Tomatoes baseado en 51 críticos, cunha media de 9,1/10. O consenso afirma: "Facendo un uso excelente da época e a ambientación, a chegada á madureza nunha pequena vila de Peter Bogdanovich é un triste mais conmovedor clásico completado con interpretacións impresionantes". Roger Ebert, crítico do Chicago Sun-Times deulle ao filme catro estrela de catro na súa estrea e considerouno o mellor filme de 1971. Máis tarde engadiuno á súa listaxe de grandes filmes, escribindo que "o filme é sobre todo unha evocación do estado do ánimo. É sobre unha vila sen razón para existir, e xente sen motivos para vivir alí. A única esperanza é a transgresión".
Controversia por obscenidade En 1973, especialmente debido a escena da festa nudista na piscina, o filme foi prohibido en Phoenix (Arizona), cando o fiscal da cidade notificou ao director dun cine ao aire libre que o filme violaba un estatuto estatal de obscenidade. Posteriormente, a corte federal decidiu que o filme non era obsceno. Ed Ware, fiscal do distrito de Rapides Parish (Louisiana), bloqueou a exhibición do filme, mais só temporalmente debido a que o cine gañou un preito para superar a directiva de Ware.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1971 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de adolescentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre discapacidades Categoría:Filmes sobre sexualidade Categoría:Filmes rodados en Texas Categoría:Filmes rodados en Florida Categoría:Filmes baseados en obras de escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en Texas Categoría:Filmes ambientados en 1951 Categoría:Filmes ambientados en 1952 Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1971 con versión en galego