Por dereitos reprodutivos enténdense aqueles dereitos que buscan protexer a liberdade e autonomía de todas as persoas para decidir con responsabilidade se ter fillos ou non, cantos, en que momento e con quen. Os dereitos reprodutivos dan a capacidade a todas as persoas de decidir e determinar a súa vida reprodutiva.
Os dereitos reprodutivos, do mesmo xeito que os dereitos humanos, son inalienábeis e non están suxeitos a discriminación por xénero, idade ou raza.
Historia do concepto de «dereitos reprodutivos» A orixe do concepto de Dereitos Reprodutivos, no marco de Nacións Unidas e a Organización Mundial da Saúde aparece na Conferencia de Teherán de 1968 e na definición de Bucarest (Conferencia sobre Poboación de 1974) como un dereito fundamental tanto das parellas como dos individuos. A inclusión e integración da planificación familiar dentro do campo dos dereitos reprodutivos e da saúde reprodutiva prodúcese por primeira vez na Conferencia Internacional para mellorar a saúde das Mulleres e os Nenos por medio da Planificación Familiar, en Nairobi, Kenya, (5 a 9 de outubro de 1987).
O Programa de Acción da Conferencia Internacional sobre Poboación e Desenvolvemento, realizada no Cairo en setembro de 1994, dá esta definición dos dereitos reprodutivos:
Dereitos reprodutivos e muller
Contextualización demográfica Historicamente a muller realizou e aínda realiza o traballo reprodutivo -que inclúe tanto a reprodución humana como os coidados e atencións que permiten a supervivencia de individuos e sociedades-.Véxase Silvia Federici, Calibán y la bruja, Mujeres, cuerpo y acumulación originaria, 2012, Traficantes de sueños, páx. 130 e ss.] En contextos históricos de alta mortalidade foi necesario manter unha alta natalidade para garantir unha substitución suficiente das poboacións.La tercera revolución de la modernidad. La revolución reproductiva . Revista Española de Investigaciones Sociológicas (Reis) N.º 122, 2008, pp. 89-118, páx. 109-114
Durante a transición demográfica produciuse unha redución radical da taxa bruta de mortalidade, posteriormente produciuse unha forte redución da taxa de natalidade no que se chamou a segunda transición demográfica. A estes cambios hai que sumar outros, sociolóxicos, que afectan basicamente ao papel tradicional da muller. É neste novo contexto onde xorden as demandas de Dereitos Reprodutivos xa que o enorme crecemento demográfico e o cambio de mentalidade permitirían o seu exercicio.Van de Kaa, D. J. (2002). The Idea of a Second Demographic Transition in Industrialized Countries. Paper presented at the Sixth Welfare Policy Seminar of the National Institute of Population and Social Security, Tokyo, Japan, 29 January 2002. A esta situación hai que sumar os avances e difusión dos métodos anticonceptivos. O esforzo reprodutivo realizado polas mulleres redúcese xa que a supervivencia dos individuos permitiría reducir substancialmente o número de fillos. Nas sociedades modernas dáse unha alta eficiencia reprodutiva que libera a muller de boa parte do traballo que desenvolvía tradicionalmente e permítelle incorporarse ao mercado de traballo modificándose substancialmente as relacións sociais antes estabelecidas e advertíndose cambios substanciais: declive do traballo reprodutivo, derrubamento do patriarcado, privatización da sexualidade e redución do control social sobre a sexualidade; desaparación da punibilidade das relacións sexuais non reprodutivas; alto control sobre a procreación co uso de métodos anticonceptivos e apoio interxeneracional moi amplo a fillos e netos, reforzamento dos lazos familiares profundos; aumento dos anos vividos ou madurez de masas; centralidade da familia e reforzamento dos lazos e importancia desta.[The reproductive revolution , John MacInnes e Julio Pérez Díaz, Sociological Review, 57, 2009 páxs. 262-284.Bryant Robey, Shea O. Rustein y Leo Morris, The fertility decline in developing countries, en Scientific American, 269 (6), decembro de 1993, páx. 60
Dereitos reprodutivos Algúns dos Dereitos reprodutivos son os seguintes: Autonomía e autodeterminación do propio corpo. Á vida. Á procreación. Á saúde reprodutiva. A informarse medicamente e adecuadamente sobre a reprodución humana, sen censura política nin relixiosa. Ao acceso aos servizos sanitarios de saúde reprodutiva e de planificación familiar, como parte do sistema público de saúde. Ao acceso aos avances científicos en materia de reprodución. A decidir sobre a reprodución sen sufrir discriminación, coerción ou violencia. A interromper o embarazo nos casos en que a lei o permita.
Formarían parte dos dereitos reprodutivos o dereito a escoller libremente a parella sexual así como concertar libremente o matrimonio; a planificación familiar para decidir sobre a reprodución, o acceso aos métodos anticonceptivos. Tamén son derivados dos dereitos reprodutivos o dereito da muller a non ser despedida por motivo do seu embarazo, e o dereito á baixa maternal paga.
Nalgúns estados (España e outros estados de Europa) recoñécese tamén o dereito a baixa por paternidade, posto que se entende que nas primeiras semanas a muller, aínda sen traballar, pode non ser quen de facerse cargo da súa casa e do seu fillo soa, e o nacemento dun fillo é responsabilidade de ambos os pais.
Vulneración dos dereitos reprodutivos
Neste sentido, os dereitos reprodutivos vulnéranse nas sociedades nas que existen os matrimonios concertados, as mulleres non teñen dereito a permanecer solteiras, nin a elixir marido, nin a separarse del. En Afganistán, colectivos de mulleres loitan actualmente contra a lei que permite a violación dentro do matrimonio, dando dereito ao marido a manter relacións sexuais coa súa esposa sempre que el queira. Con todo, non se considera que hai violación dos dereitos reprodutivos cando unha sociedade non recoñece o dereito ao aborto voluntario. Isto débese a que non existe un "dereito humano a abortar" nin tampouco unha prohibición absoluta, dependendo esta cuestión dos ordenamentos xurídicos internos dos Estados.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Muller Dereitos da muller Feminismo Educación sexual Saúde sexual Saúde reprodutiva Aborto
Ligazóns externas En español Conferencia internacional sobre a poboación e o desenvolvemento, resumo do programa de acción Coalición Internacional para a saúde das mullleres -en español- Federación de Planificación Familiar Estatal -España- Observatorio de dereitos sexuais e reprodutivos, Cataluña e Baleares -España- DHpedia: Dereitos reprodutivos Asociación Mexicana para la Salud Sexual -amssac.org-, México Promsex - Centro de promoción e defensa dos dereitos sexuales e reprodutivos -Perú- Organización Panamericana da Saúde -paho.org- National Latina Institute for Reproductive Health, -EE.UU.- Planificación Familiar e Contracepción, en NOAH, -Nova York, EE.UU.- En inglés IPPF - International Planned Parenthood Federation Federación Internacional de Planificación Familiar (IPPF) WHO - Sexual and Reproductive Health (OMS)
Categoría:Dereitos humanos Categoría:Embarazo Categoría:Feminismo