miniatura|Mary, la españolita, prototipo do mito romántico de España, recuperado por Franz von Stuck en 1916. Españolada é un termo despectivo para se referir, dende un punto de vista esaxerado, ao que se entende como tipicamente español. O estereotipo máis frecuente reduce a diversidade de culturas e tradicións do ámbito hispánico ao tópico da realidade andaluza.<ref>Los tópicos de la españolada, El País, 4 de decembro de 2009 .</ref>
Historia e características Esta deformación da imaxe de España ten a súa orixe no século XIX, cando o Romanticismo puxo de moda o mito español,Reivindicar el costumbrismo , VV.AA., revista Ínsula, 637, 24 de setembro de 2016 . provocando unha peregrinación de escritores europeos, primeiro ingleses e despois e sobre todo franceses, entre eles ambos os dous Alexandre Dumas, Théophile Gautier, Victor Hugo ou Prosper Mérimée, cuxa obra Carmen'', foi considerada por Francisco Ayala, como o berce da España mítica, territorio exótico e diferenciado con respecto a Europa.La españolada cinematográfica a estudio, Culturamas, 18 de febreiro de 2010 .
Algunhas obras de artistas do costumismo romántico andaluz teceu o conxunto de tópicos arredor de Andalucía (bandoleiros, xitanos, toureiros, bailaores, tonadilleras etc).}Historia de la pintura sevillana, Enrique Valdivieso, Ed. Guadalquivir, 1992 ISBN 84-86080-76-2 .
Notas
Categoría:Cultura de España