O silenzo axionllado (1ª edición, 1934) ou O siléncio ajoellado (edición de 1980) —O silencio axeonllado en galego normativo actual— é un libro de poemas de Ricardo Carballo Calero.

Características Este libro rupturista, que lembra a Manuel Antonio, certifica un coñecemento profundo das correntes de vangarda. No libro pódense apreciar imaxes de carácter ultraísta ou creacionista e tamén os ecos hilozoístas de Luís Amado Carballo. Aquilino Iglesia Alvariño cualifica os versos como introspectivos e serenos, deshumanizados: o exercicio íntimo dun autor pechado en si mesmo para esculcar as cousas e os estados de ánimo. Henrique Rabuñal sinala: persiste a poesía amorosa, a do amor regrado, a do amor feo e a do amor fonte de dor.

Carballo Calero confesoulle a Carmen Blanco:

E o autor engadiu noutro libro de conversas:

Poemas Na edición de 1980 inclúense: Tinge, tinge os teus beizos co sangue do solpor

Alén do amor eu te amei Saudade dun pasado Saudade dunha voz Somellas ser somente Pavo real

¿Ai, se non te tivese Serenidade, anseio O sexo do anjo Guarda con sono Ceo do mariñeiro Pedra alume Mans Soño de Catarina Retrato

História de Amendoíña, segundo Andersen Luísa sorriso Naces na primavera, cando a terra está en cio Madrigal a Rosalia

Unha bailarina Solciño frio da montaña Lámpada Anjo e serea Automóvil As árbores cantaban

Notas

Categoría:Obras literarias de 1934 Categoría:Obras literarias de Carballo Calero Categoría:Obras de poesía en galego