A Axencia Galega de Innovación (GAIN) é unha axencia pública autonómica, adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria pero con personalidade xurídica propia, que ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas, e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas, a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes.
A Axencia creouse o 12 de xaneiro do ano 2012 polo o Decreto 50/2012, no que se aprobaron os seus estatutos, que se modificaron polo Decreto 15/2014, do 6 de febreiro, co cal a súa estrutura organizativa quedou dividida nas seguintes catro unidades orgánicas, dependentes directamente da Dirección da Axencia: Área de Xestión, Área de Programas, Área de Servizos e Área de Centros.Decreto 125/2016, do 1 de setembro DOG Núm. 178. 19 de setembro de 2016.
A súa sede está situada na Rúa Airas Nunes s/n, Conxo, Santiago de Compostela.
Obxectivos Os obxectivos da GAIN son:Xunta de Galicia. GAIN. Liderar as políticas de innovación das administracións públicas galegas. Definir e desenvolver as políticas públicas que permitan ás empresas e ao resto de axentes o desenvolvemento de iniciativas de innovación construídas a partir de coñecementos que incrementen a súa competitividade e fomenten o seu crecemento. Definir e desenvolver as políticas públicas orientadas á valorización do coñecemento desenvolvido polas empresas, universidades e centros de investigación de Galicia. Definir e desenvolver as políticas públicas dirixidas a incrementar a eficiencia en resultados do Sistema Galego de Innovación, avaliados mediante a implantación dun sistema de indicadores de impacto contrastable. Estimular a estruturación e consolidación do Sistema Galego de I+D+i. Fomentar a investigación e o desenvolvemento científico e tecnolóxico, a través de iniciativas e programas específicos na Comunidade Autónoma Galega. Promover as relacións de colaboración entre os distintos axentes do Sistema Galego de Innovación impulsando a creación e o fortalecemento de redes de coñecemento entre axentes públicos e privados desde unha perspectiva de intercambio e de investigación aberta. Promover a progresiva internacionalización dos axentes e das iniciativas de innovación impulsando a presenza de empresas nos programas europeos de innovación e o acceso a fondos de financiamento internacionais. Definir e desenvolver políticas públicas dirixidas á captación e xestión do talento que permitan, no seu conxunto, incrementar o rendemento innovador das empresas e do Sistema Galego de Innovación. Coordinar os recursos autonómicos no ámbito da I+D+i e concertalos cos que se acheguen desde contribucións de plans estatais e fondos da Unión Europea. Favorecer a transferencia de coñecemento e tecnoloxía entre os diferentes axentes e, particularmente, entre os organismos públicos de investigación e as empresas. Apoiar a promoción e divulgación do coñecemento científico e tecnolóxico en Galicia, promovendo o interese da sociedade pola investigación, o desenvolvemento e a innovación.
Dirección A GAIN está dirixida pola economista Patricia Argerey Vilar, unha das mulleres galegas máis relevantes no sistema de STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas),Patricia Argerey, directora de la Axencia Galega de Innovación (GAIN), e impulsora da incorporación da muller ás novas tecnoloxías.«Me preocupa que la mujer se autoexcluya de la tecnología». La Voz de Galicia. 25 de mazo de 2018.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Xunta de Galicia. GAIN.
Categoría:Xunta de Galicia Categoría:Economía de Galicia