Montserrat Calleja Gómez, nada en Ourense o 20 de abril de 1973, é unha física galega especializada en nanotecnoloxía e biosensores, é unha investigadora do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Instituto de Microelectrónica de Madrid.

Traxectoria Nos seus primeiros anos viviu primeiro en Cercedilla e logo na Coruña. Estudou Ciencias Físicas na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid cunha tese na área de nanotecnoloxía.Grazas a unha bolsa postdoctoral traballou no Microelectronics Center (MIC), en Dinamarca, con Annia Boysen. Tamén fixo estadías de investigación en Italia e o Xapón.

É cotitular de dez patentes, publicou 53 artigos, dous deles en Nature Nanotechnology. É a xefa do grupo de investigación Bionanomechanics Lab, no CSIC. Liderou o proxecto NANO FOR CELLS, unha das prestixiosas Starting Grant concedida polo Consello Europeo de Investigación, que ten como obxectivo o estudo das propiedades mecánicas das células e a súa relación co cancro.Máis tarde centrouse no proxecto Liquid Mass, de estudo das proteinas a través de sensores nanomecánicos.

É cofundadora da empresa Mecwins, pioneira na comercialización de biosensores nanomecánicos.

Premios e recoñecementos Concedéuselle o premio Miguel Catalán 2012 para investigadores menores de 40 anos. En 2018 foi recoñecida pola revista QUO como unha das científicas españolas máis importantes, dentro da chamada Selección Española da Ciencia. En 2021 é elixida como unha das dez científicas máis relevantes de España pola Fundación Aquae. En 2022 é galardoda co Premio Rei Jaume I de novas tecnoloxías.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina persoal no CSIC

Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Físicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela