Soledad Penalta Lorenzo, nada en Noia o 23 de abril de 1943, é unha artista e escultora galega.

Traxectoria miniatura|175px|Busto en Noia. Comezou a súa carreira artística en 1972 traballando coa cerámica, e desenvolveu o seu traballo en diferentes seminarios e talleres, con mestres como Isaac Díaz Pardo. Non foi até a década de 1990 cando principiou a traballar con fundicións en bronce, ferro e aceiro, salientando as esculturas de gran formato para exterior, algunhas das cales están expostas publicamente, como no paseo marítimo da Coruña, no parque escultórico da Torre de Hércules ou o busto a María Mariño en Noia.

No ano 2018 foi nomeada académica numeraria da Real Academia Galega de Belas Artes na sección de escultura.

Premios e recoñecementos

2019ː Premio da Cultura Galega de Belas Artes 2019ː Premio da Crítica de Galicia

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina oficial Ficha da artista en Mulleres Expertas.info Bibliografía en PintoresGallegos.com .

Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1943 Categoría:Artistas de Galicia Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes